Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2020

NOVO RÁNKING MATEMÁTICO

Bos días!
Como o prometido é débeda eu non quero deber nada, pois aquí van os resultados dos retos matemáticos da semana pasada:

17. PINTANDO UN CUBO: Necesitaríamos, como mínimo tres cores
18. NÚMEROS PARES: Colocaríamos os seguintes (por filas) 12-2-6 / 14-10-6 / 4-18-8
19. LOS KOALAS: Tardarían 2 horas
20. CARACOL: Tardan o mesmo (1h 20 min = 80 min)

Recórdovos que nesta semana é OBRIGATORIO presentar o conto para Mareando Historias. A algúns mandeille correccións pero poucos foron os que a modificaron, así que poñédevos as pilas porque nesta semana ten que quedar listo. Acordádevos de asinar cun psudónimo e quen teña posibilidade, que a entregue xa pasada a ordenador (podedes usar o documento de texto de carnosáns para escribila) ou se non se vos pon moi a man, xa a paso eu (pero tedes que mandarma!).

Atopei esta actividade de mate a ver qué vos parece. Esta vez NON usedes lápis e papel nin calculadora. O que quero é que intentedes razoar e dar coa resposta correcta (ou descartar a incorrecta). Non tedes que enviarma nin nada, simplemente facela (a ver cando aprendo eu tamén a facer actividades así de chulas. "Estou en ello" pero aínda me queda un chisquiño..)
Aquí vai :

De Chamizo o capítulo de hoxe é este:

E lede ben o reto de hoxe:
22. PARIENTES: Mi tía Julia es la hermana de mi madre. Luisa es la hermana de mi tía, pero no es mi tía. ¿Quién es?


venres, 15 de maio de 2020

VENRES OUTRA VEZ

Que tal o Scape Room de onte?
Xa fixérades algún ? Para o ano temos que aprender e facer nós un. Que vos parece a idea?
Remata a semana e con ela o traballo. Non vos queixaredes... que esta foi lixeiriña.
A tarefa de hoxe tamén vai ser fácil. Só tedes que facer un resumo contando  todo o que levades feito ata o de agora e qué tipo de actividades ou de exercicios vos gustaría facer nas próximas semanas.
E facede o favor de revisar esa ortografía porque....😢 non poñedes un til! E cos b e v facedes cada macedonia,.....
Pois iso tedes que contarme o que vos gustaría facer e eu intentoo, vale? Que temos que seguir investigando e buscando cousas chulas!
Tamén me gustaría  que fixéramos algo entre todos, non sei. Por exemplo :

  • Que cada un lese un anaco dun conto e despois montalo todo xunto, ou que o escribísedes ...
  • Que gravásemos un vídeo a partir dunha foto do que vedes pola vosa fiestra e despois escribísemos un poema...
  • Que cada un cantase un anaquiño dunha canción das de Dani e logo mandábamoslla a el...
  • Facer un debuxo entre todos para logo decorar a porta da clase..
A vós que se vos ocorre? Tedes que propoñer ideas para ver o que podemos artellar.

Pois nada. Alá foi outra semana. Recordade que o luns no cole íamos facer festivo así que tedes por diante unha fin de semana longa. Así que....
Volvemos o martes!






xoves, 14 de maio de 2020

SCAPE ROOM

Boas!
Seguro que todos vós escoitáchedes falar algunha vez dos Scape Rooms. Eses xogos nos que te encerran nunha habitación e tes que resolver diferentes enigmas para poder saír dela.
Nós pechados non estamos pero tamén imos ter que resolver uns cantos enigmas para poder chegar ata o final. Sorte!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020


Mañá xa veremos quen de vós acadou as máximas puntuacións nas actividades anteriores.

Ata mañá!

mércores, 13 de maio de 2020

OBRA

Xa estamos a mércores! Metade da semana e baixando.

Que tal o concurso de onte? Gustouvos?
Xa vin que algún ao principio contestou "ao chou" pero despois repetíuno para facelo ben. E outro , que aínda que tivo as 17 preguntas correctas, volveuno a intentar para ver si o facía en menos tempo e  lle daban máis puntos . Esa é a actitude! A de intentar supererse sempre. Moi ben!
Non vos preocupedes que xa faremos máis actividades deste tipo e xa descubrín otra que vos vai encantar. Xa veredes! (O malo é que a versión gratuíta só me deixa facer cinco actividades, entón teño que ir borrando unhas para poñer outras)

Pois así como onte líamos algo sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero, hoxe ímonos centrar un pouquiño máis na súa obra. Déixovos unha serie de actividades que elaborou o Seminario Galán. Podédelas facer na libreta ou directamente enchendo os ocos e logo dándolle a " enviar a tu profesor"  como fixeramos con aquela ficha de mate, acordádesvos? Non lle deades a correxir por si despois non vos deixa enviala. Simplemente cando acabedes dádeslle a TERMINAR e ENVIAR A TU PROFESOR e logo xa vos mando eu as correccións feitas. Os debuxos si que os ides ter que facer na libreta.

Preme aquí se vas facer as ACTIVIDADES NA LIBRETA
Pincha aquí se queres cubrir as ACTIVIDADES EN LIÑA 

E podedes ler un pouquiño de AS PITAS BAIXO A CHUVIA facendo esta actividade:

https://wordwall.net/play/2205/056/304




E xa escoitachedes a nova canción de Dani? É unha pasada. Seguro que si a combinamos cos pasos de muiñeira que propuxo Manolo sae unha mistura redonda!
Se aínda non sabedes de qué estou a falar pinchade nas lapelas de arriba de EF e de Música e Plástica e xa vos enterades ao instante.

martes, 12 de maio de 2020

BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO

Bos días !
Que tal ides con Mareando Historias? Lede ben as bases do concurso e antes de lanzarvos a escribir planificade,  axudándovos da ficha dos cinco pasos de onte, o que ides facer.

Pois hoxe tócanos unha comprensión lectora. Para empezar tedes que ler con calma estes dous documentos nos que nos contan un pouco quen foi, e a qué se adicou Ricardo Carvalho Calero.



E agora que xa o lídeches imos ver de qué vos acordades con esta actividade. Espero que vos guste! 
Debaixo das opcións tedes unhas barriñas vermellas. Eses son os comodíns: un para dobrar a puntuación, o do 50:50 e outro de tempo extra. 
Non fai falla que vos rexistredes, tan só poñede o voso nome (ou as iniciais). Non debemos poñer nome e apelidos á vez (cantos menos datos deamos, mellor).

Quen de vós conseguirá máis puntos?



Por hoxe nada máis. hoxe tocounos a vida de Carvalho Calero e mañá coñeceremos un pouco máis a súa obra.




luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS

Bos días!
Sabedes que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e que si estiveramos no cole pois durante esta semana faríamos diferntes actividades relacionadas con estas.
Pois xusto iso é o que imos facer!
Nesta semana só imos facer tarefas de Lingua Galega, ben sexan na libreta, ou a través de xogos.
(Seguro que xa hai máis de un protestando! Non vos preocupedes...., outra semana xa faremos un monográfico só de matemáticas 😉)
Ademais así quen teña todo ao día pode gozar duns días relaxados e quen aínda teña algún traballo pendente pois pode irse poñendo ao día.
Para arrancar ímonos centrar no concurso de "Mareando Historias". Imos facer as cousas ben feitas e empezando polo principio. Como se fai unha historia?

Tedes aí de xeito moi resumido os pasos que hai que dar para que a nosa historia quede "de profesionais". Antes de lanzarvos a escribir recoméndovos que anotedes as ideas para cada un destes cinco pasos, que as meditedes ben e logo xa vos poñeredes a redactar.
Acordádevos de poñer cada "idea principal" nun parágrafo, e de separar as secundarias con puntos.
Utilizade tamén comas, diálogos, signos de admiración e de puntuación....
Usade conectores para unir as diferentes partes e revisade a ortografía e a acentuación. 
Según vaiades facendo a vosa historia ídema mandando pero antes de nada TEDES QUE MANDAR O ESQUEMA  describindo brevemente os cinco pasos anteriores.

Seguindo con letras, non sei se xa o veríades nas rrss pero....... podíadesvos animar a participar! Mirade, mirade!
Picade no cartaz para ver a información completa.

Esta semana non vai haber retos matemáticos pero aquí están a solución aos da semana pasada. Noraboa aos acertantes!

12 QUÉ DÍA DE LA SEMANA SERÁ: Jueves
13 DINERO: Ana tiene una moneda de 2€ y María 2 de 50 céntimos
14 PUZZLE: Alberto
15 MENTIRAS: Jueves
16 EDADES: Marta puede tener 19,Laura 18 y Lucía 16 (pero no es la única opción válida)


E para ser luns xa non está mal. Mañá haberá novas propostas para seguir traballando coas letras.

mércores, 15 de abril de 2020

CAMBIOS NO DESEÑO DO BLOG

Bos días, que tal hoxe?

Notades algunha diferenza no blog? Seguro que hai xente que xa se deu conta de que aparecen cousas novas. 

Como sei que os profes vos toleamos coas actividades e que un pon unha cousa por aquí, outro por alá, que si a un hai que mandarlle as actividades a tal ou cual correo... pensei que así o íades ver moito mellor e non había que andar saltando entre o blog, a páxina do cole, etc.
Tedes arriba (debaixo do título) unhas pestaniñas que vos levan ás tarefas que se publiquen das diferentes materias e o que figura entre paréntese (como xa vos díchedes conta)  é o enderezo electrónico ao cal as tedes que enviar. 
(Para os que vedes o blog dende o móbil, estas opcións aparécenvos ao principio en"inicio"  cun despregable. Outra opción para velas é ir hasta abaixo de todo e xusto debaixo de onde pon  inicio premer en  "Ver versión web")
A que así resulta máis fácil e moito máis cómodo? 
O conto é ir sabendo qué cousas non funcionan ben ou se poden ir mellorando, así que xa sabedes, calquera idea que teñades para favorecer este proxecto común... é benvida!

Hoxe non vos vou poñer  "deberes" pero gustaríame ensinarvos un traballo que fixo unha compañeira

 Ela fixo o texto e eu fixen unhas viñetas cun programa on line que se chama storyboard that (se vos interesa podemos mirar cómo usalo e traballar con el).

E agora , por que non escribides un texto en galego (mínimo 100 palabras) que estea baseado nesta tira?

Fixádevos ben nas expresións das caras, situade aos personaxes no tempo e no espazo e deixade voar a vosa imaxinación, que seguro que saen historias moi orixinais e divertidas. Mandádemas e despois as publicamos.

E creo que por hoxe nada máis. Visitade o blog de inglés (así probades se funciona o da pestaniña) porque a profe Paula mándavos un vídeo cunha mensaxe de ánimo e tamén  o departamento de orientación porque publicouse un vídeo para conmemorar o día do autismo onde están os traballos que mandáchedes.

Por hoxe creo que nada máis. Mañán vouvos poñer a proba cunha actividade de lóxica matemática que de seguro a algún lle vai gustar mooooito. Ide lendo tamén os temas novos de sociais e naturais porque para semana imos facer un "pasapalabra" .

Ata mañán!

martes, 31 de marzo de 2020

QUE NOS DI O TEXTO?

Bo día!
Como ides? Visitando a páxina de aulasgalegas.org vin unha proposta que me pareceu moi interesante.Trátase dunha actividade de comprensión lectora pero que tedes que transformar nun debuxo. Dánvos un texto descritivo e logo tedes que debuxar o que vos din. (Picade na imaxe)
Animádesvos a facelo?
Mandádeme os vosos debuxos a marianovo.cutrin@gmail.com para poder publicalos neste blog e darlle un pouquiño de cor. Agardo impaciente! 😊

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/03/Que-nos-dis-o-texto.pdf