mércores, 15 de abril de 2020

CAMBIOS NO DESEÑO DO BLOG

Bos días, que tal hoxe?

Notades algunha diferenza no blog? Seguro que hai xente que xa se deu conta de que aparecen cousas novas. 

Como sei que os profes vos toleamos coas actividades e que un pon unha cousa por aquí, outro por alá, que si a un hai que mandarlle as actividades a tal ou cual correo... pensei que así o íades ver moito mellor e non había que andar saltando entre o blog, a páxina do cole, etc.
Tedes arriba (debaixo do título) unhas pestaniñas que vos levan ás tarefas que se publiquen das diferentes materias e o que figura entre paréntese (como xa vos díchedes conta)  é o enderezo electrónico ao cal as tedes que enviar. 
(Para os que vedes o blog dende o móbil, estas opcións aparécenvos ao principio en"inicio"  cun despregable. Outra opción para velas é ir hasta abaixo de todo e xusto debaixo de onde pon  inicio premer en  "Ver versión web")
A que así resulta máis fácil e moito máis cómodo? 
O conto é ir sabendo qué cousas non funcionan ben ou se poden ir mellorando, así que xa sabedes, calquera idea que teñades para favorecer este proxecto común... é benvida!

Hoxe non vos vou poñer  "deberes" pero gustaríame ensinarvos un traballo que fixo unha compañeira

 Ela fixo o texto e eu fixen unhas viñetas cun programa on line que se chama storyboard that (se vos interesa podemos mirar cómo usalo e traballar con el).

E agora , por que non escribides un texto en galego (mínimo 100 palabras) que estea baseado nesta tira?

Fixádevos ben nas expresións das caras, situade aos personaxes no tempo e no espazo e deixade voar a vosa imaxinación, que seguro que saen historias moi orixinais e divertidas. Mandádemas e despois as publicamos.

E creo que por hoxe nada máis. Visitade o blog de inglés (así probades se funciona o da pestaniña) porque a profe Paula mándavos un vídeo cunha mensaxe de ánimo e tamén  o departamento de orientación porque publicouse un vídeo para conmemorar o día do autismo onde están os traballos que mandáchedes.

Por hoxe creo que nada máis. Mañán vouvos poñer a proba cunha actividade de lóxica matemática que de seguro a algún lle vai gustar mooooito. Ide lendo tamén os temas novos de sociais e naturais porque para semana imos facer un "pasapalabra" .

Ata mañán!