Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

SOLUCIÓNS PROBLEMAS MATEMÁTICAS

Ola!
Que tal vai a semana?
Xa estades facendo os problemas de mate? Vouvos poñer aquí os resultados para que teñades unha idea de se saíron ben ou non. E que tedes que facer se non vos dan? Pois intentar buscar a "avería" e reparala. Así de fácil. Seguro que si lle dades un par de voltas despois xa chegades ao resultado.
Ánimo, que xa queda pouco!
https://drive.google.com/file/d/1MgS26rEmif1Xr5BBNY-ebW7-4J8FQ3HX/view?usp=sharing

martes, 26 de maio de 2020

NOVO RÁNKING MATEMÁTICO

Bos días!
Como o prometido é débeda eu non quero deber nada, pois aquí van os resultados dos retos matemáticos da semana pasada:

17. PINTANDO UN CUBO: Necesitaríamos, como mínimo tres cores
18. NÚMEROS PARES: Colocaríamos os seguintes (por filas) 12-2-6 / 14-10-6 / 4-18-8
19. LOS KOALAS: Tardarían 2 horas
20. CARACOL: Tardan o mesmo (1h 20 min = 80 min)

Recórdovos que nesta semana é OBRIGATORIO presentar o conto para Mareando Historias. A algúns mandeille correccións pero poucos foron os que a modificaron, así que poñédevos as pilas porque nesta semana ten que quedar listo. Acordádevos de asinar cun psudónimo e quen teña posibilidade, que a entregue xa pasada a ordenador (podedes usar o documento de texto de carnosáns para escribila) ou se non se vos pon moi a man, xa a paso eu (pero tedes que mandarma!).

Atopei esta actividade de mate a ver qué vos parece. Esta vez NON usedes lápis e papel nin calculadora. O que quero é que intentedes razoar e dar coa resposta correcta (ou descartar a incorrecta). Non tedes que enviarma nin nada, simplemente facela (a ver cando aprendo eu tamén a facer actividades así de chulas. "Estou en ello" pero aínda me queda un chisquiño..)
Aquí vai :

De Chamizo o capítulo de hoxe é este:

E lede ben o reto de hoxe:
22. PARIENTES: Mi tía Julia es la hermana de mi madre. Luisa es la hermana de mi tía, pero no es mi tía. ¿Quién es?


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bos días!
Como sabedes hoxe celebramos o Día do Libro. Xa mandachedes a vosa foto ao correo electrónico de orientación? Se xa o fixéchedes pois perfecto e se non, bulide que aínda estades a tempo de mandala!
Se vos apetece podedes facer esta WEBQUEST sobre o Día do  Libro pois para coñecer un pouco máis de por qué o celebramos, de ónde ben esta tradición..., Está pensada para nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e de seguro que ides atopar algunha cousa que non sabíades. Premede aquí e xa vos vai guiando nos pasos que debedes dar.
E por certo, que libro estades lendo actualmente? Propóñovos un concurso a ver qué vos parece: mandádesme un correo co libro que estedes lendo actualmente e logo o resto ten que adiviñar qué está lendo cada quen. Sinxelo, a que si? pois nada, no que queda de semana decídeme (por correo ou Whatsapp) qué libro estades lendo e para a próxima organizámolo e facémolo.

E como calquera xoves que se precie...que toca hoxe? Pois si, acertáchedes: CONTROL DE MATE.
Estes días xa vedes que estou moi remexona e ando a experimentar con diferentes soportes para presentarvos os traballos (cuestionarios, "pasabalabra"...). O último descubrimento (por certo, que foi grazas á profe Paz) foi o de facer fichas interactivas. Que quere dicir isto? Pois (neste caso) que podemos escribir as nosas respostas directamente no cadriño que hai ao lado das preguntas. De tódolos xeitos facédeo primeiro na libreta e logo no exame escribides as respostas. Nos problemas simplemente poñedes a operación indicada cos resultados (non facedes as cuentas no exame) . Logo cando a rematedes lle dades a "¡Terminado!". Vaivos aparecer unha mensaxe como esta.
Pois ben, logo o que tedes que facer é darlle a "corregir mis respuestas" para ver os acertos que tivéchedes (non estou moi segura de cómo vai funcionar esta parte ) e tamén, e máis importante "enviar mis respuestas a mi profesora" (ao correo marianovo.cutrin@gmail.com) para poder velos eu. Non vos preocupedes pola nota. O que me interesa é que o fagades para ver se a actividade funciona ou non, e que lle deades un pouquiño a esa cabeza, non se vos vaia a oxidar. Mañán de paso que poñemos as solución das tarefas do libro tamén poño a do exame para que poidades ver cómo se facían os exercicios. 
Pois nada, que seguro que estades desexando ver cómo é  o CONTROL DE MATEMÁTICAS.

 E quédame por propoñervos o reto de hoxe. Lédeo ben pero vai ser faciliño:
06. LOS CUATRO PERROS.  Tenemos cuatro perros: un galgo, un dogo, un alano y un podenco. Éste último come más que el galgo; el alano come más que el galgo y menos que el dogo, pero éste come más que el podenco. ¿Cuál de los cuatro será más barato de mantener?.


xoves, 16 de abril de 2020

RETO MATEMÁTICO

Bos días!
Tal como vos dicía onte imos empezar cunha sección de "xogos matemáticos" .
Que vos parece se cada día imos poñendo un, e me ides mandando as solucións?
Por cada un ben razoado dareivos un punto e iremos publicando o ránking coas vosas puntuacións.
Ao final da corentena, cado volvamos ao cole,  poderedes cambiar os vosos puntos por un premios dun catálogo.
Teredes de LUNS a VENRES para entregar as vosas respostas (pódense mandar todas xuntas ou por separado) e as solucións e a actualización do ránking poñerémolas cada luns.
Animádevos a participar!

Aquí vai o primeiro desta semana:

1. ENCONTRA A LÓXICA



Pensade a ver qué relación lle atopades a estes números e explicade ben o razoamento. Sorte!

xoves, 2 de abril de 2020

"EXAME" DE MATEMÁTICAS

Bos días! Xa estamos a xoves!
Non botades de menos aqueles exánenes dos xoves? Pois veña, que non está ben perder os bos costumes.
Collede papel e lápis e preparádevos. Nesta ocasión pensade ben as vosas respostas porque só poderedes facer o test unha vez. Consistirá soamente en facer o cambio de unidades, e iso para vós está chupadísimo. Ademais esta vez ides ter que escribir vós as respostas.
  • Prestade moita atención: en vez da coma ides utilizar o punto. E non se van usar espazos entre as cifras. Así por exemplo se queremos escribir mil trescentos con corenta e cinco escribiríamos:    
                                                          1300.45  (o punto só é para poñer como coma)

De todas formas imos repasar un pouquiño antes de comezar. Xa sabedes que para baixar (ir hacia a dereita) se multiplica e para subir (ir para a esquerda) dividimos.

Pois veña agora .....a traballar!



mércores, 1 de abril de 2020

EXPLICACIÓN EXERCICIOS MATE

Déixovos aquí unha pequena explicación dos exercicios de mate. Non están todos feitos. Simplemente é para darvos unha orientación de cómo se farían. Deixo tamén a folla das SOLUCIÓNS.  E se queredes practicar para o "exame" de mañán picade neste XERADOR EXERCICIOS CONVERSIÓN DE UNIDADES S.M.D.  Cada vez que refresquedes a páxina sairá unha folla con exercicios, e ao premer en clave xa vos saen as solucións.
Probade a ver que tal!    Traballade moito!

https://drive.google.com/open?id=1YBDJXkCgNL4rh01mEho-3ABSKx3FlCD_

martes, 31 de marzo de 2020

REMATAMOS SEMANA

Bos días, rematamos semana e hai que ir rematando o traballo tamén.
Moitos de vós xa estades ao día pero aínda hai xente que ten que entregar tarefas así que...non vos durmades!
O luns xa poñeremos novas actividades para que fagades a próxima semana, pero mentras tanto podedes ir lendo (ou estudando) sociais e naturais porque ides ter que contestar a algunhas preguntas.
E xa vos adianto de paso que imos comezar un tema novo de mate, pero xa veredes que vai ser moi faciliño.
Para que non vos aburrades déixovos aquí dous novos cuestionarios: un de mate e outro de soci.
A ver qué tal vos saen! (Picade neles para poder facelos)

https://forms.gle/3tE51TLxEFBbWRg99              https://forms.gle/JafiXP6KZ3SPrknh8


Descansade esta fin de semana e o luns volvemos todos e todas coas pilas cargadas.

                                                           Ánimo!