martes, 9 de xuño de 2020

ACTIVIDADES EDUCAPLAY

Bos días
Xa imos ir baixando as revolucións pero acordádevos de que ata o 19 non rematan as clases.
Así que aproveitade para revisar se tedes tarefas pendentes e ilas mandando esta semana porque entre o venres e o luns poñeremos as notas.
Por este motivo, a videoconferencia que íamos realizar o venres ás 12.30 probablemente teña que cambiar de hora e facerse pola tarde (sobre as 16.00 h ). Deste xeito tamén se lle ofrece a oportunidade a conectarse a xente que o ten máis difícil polas mañáns.

Vouvos deixar hoxe unha serie de actividades interactivas para poder repasar algo e non darvos demasiado traballo. Parécevos? Fanse prontiño así que non vale protestar.








E esta semana xa acabaremos os retos matemáticos. O de hoxe é o seguinte:
29. LA MITAD DE UN ROMANO: ¿Cuál es la mitad de 12 escrito en números romanos?