venres, 19 de xuño de 2020

POR FIN CHEGAN AS VACACIÓNS!

Bos días! Última entrada no blog por este curso!

Que gañaría o Concurso de Borrajanchos deste ano? Haberá revista? E cales foron os contos de Mareando Historias?
Pois todo iso xa está publicado na páxina web do cole. De tódolos xeitos póñovolo aquí para que vos sexa máis cómodo de ver:




















Déixovos aquí materiais por se queredes repasar ou consultar algo no verán. Picade na imaxe para acceder aos diferentes materiais.
Para poder ver os libros da editorial Santillana tedes que introducir a licenza e o contrasinal. Son estas:
Licencia: 99999980-18397-0001
Contraseña: 2uCkNMsJ

Acordádevos tamén de que tedes que descansar, xogar,  tomar o aire e o sol, facer algo de deporte, axudar na casa......

https://padlet.com/marianovo_cutrin/iphjlsifte38


Ante todo quería agradecervos o esforzo que fixéchedes esta temporada. Moitos de vós traballáchedes moito máis que se forades ao cole, a que si?
Pero iso é normal! porque non tíñades os entretementos e distraccións que tiñamos na clase.

Acaso tíñades na casa .......?
  •  un  falando e interrumpindo todo o tempo para dicir cómo quedaran os partidos o fin de semana.
  •  outro cantando (o de cantar é un dicir) cancións de Queen e dándolle á mesa co lápis coma se fosen baquetas
  • outro remexendo nos subliñadores, bolis, gomas e de máis enseres escolares
  • outra facendo debuxiños de unicornios ou señores Pataca na libreta
  • outro querendo contar todo o tempo un chiste (e aínda por riba dos malos)
  • outra pasmando hipnotizada mirando como xogaba o dos subliñadores
  • outra pendiente de se a  profe se acercaba para deixar de falar e "facer que traballaba"
  • outro enfadándose moitísimo co mundo cando as cousas non lle saían como el quería
  • outra poñendo un gran esforzo en poñer unha data colorida e artística 
  • outra queixándose sempre das súas enfermidades, dores e maldades varias 
  • outro soñando co chocolate (aínda que ao biscoito con nata para a merenda tampouco lle di que non)
  • outro aproveitando cada segundo libre para retocar a orella ou o pelo da súa escultura
  • outro agazapado e sen facer ruido mirando o que facían os demais
  • e outra berrando coma unha tola e poñendo caras raras 
Estes días na casa  tivemos acceso aos libros, aos exercicios, a internet.... puidemos aprender mil cousas pero perdímonos todo o que se vive nun cole e que é do que realmente nos acordamos cando van pasando os anos.
Así que... en setembro conto con todos vós, para traballar, para distraernos, para pasalo ben e para ter moitas cousas que recordar despois.







Bó verán!