xoves, 30 de abril de 2020

XA É XOVES!

Chegamos a xoves e con el ao fin dunha semana cortiña. Seguro que xa queda menos para vernos outra vez!
Sabedes que días vai sero o sábado? Víchedes a nova entrada do Departamento de Orientación?
Botádelle un ollo a ver qué vos parece. Picade na imaxe ou no enlace inferior.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/2%20maio_0.pdf

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/2%20maio_0.pdf

Poderiadesme facer un favor? Necesito que me contedes como celebramos este ano os cumples da primeira avaliación para publicar na revista. Asemade preciso material sobre o antroido (de qué nos disfrazamos, o que fixemos na clase, cómo ían os demais...) . Os textos poden ir a man ou ordenador (preferiblemente) e acompañados dun debuxo. Tamén me podedes enviar traballos relacionados co confinamento e co tema de Carnosáns.
Canto antes mo mandedes mellor porque a profe Cristina de 4º está a traballar xa niso e necesita o material canto antes.

Repasamos soci? En vez de escribir o resumo que vén ao final do tema podédelo facer a través desta actividade:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5550604-tema_7_espana_na_idade_media.html

E último reto desta semana. O luns actualizarase o ránking e de seguro que xa aparecen novos nomes na lista.
11: EDADES. Dentro de cuatro años, Felipe tendrá la mitad de la edad de Cristina. Hoy Cristina tiene 14 años ¿sabrías decirme qué edad actual tiene Felipe?

E houbo quen estivo experimentando  cos volumes pero...parece que non deron as contas!




Hasta aquí deu de si a semana. Pasiño a pasiño faise camiño. O luns voltamos con novas propostas. Boa fin de semana!

mércores, 29 de abril de 2020

OUTRAS MATERIAS E SOCIAIS

Ola!
Acordádevos de consultar cada semana os blogs de inglés, de plástica e música, de educación física e de relixión para ver se hai traballo e enviádello aos profes.

Hoxe volve a haber traballo de Sociais. Tócanos un pasapalabra. A ver qué tal sae .

E en canto ao reto matemático. Este é faciliño e eu creo que podedes resolvelo sen problema.
10: CÁLCULO. Calcula el resultado


martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, como estades?
Que tal? Estades medindo e pesando todo para a receita? A que non sabiades que había tanta matemática e tanta ciencia nunha cociña?
E que? Xa observáchedes algún cambio de estado? Que lle pasa ao leite cando lle botades eses polviños de cacao polas mañáns? Se botades cacao puro pasa o mesmo? Probáchedes a botarlle canela?
Por que nas pastelerías usan  bicarbonato e zume de limón en moitas elaboracións? Que pasa cando os mesturas?
Por que para que cozan antes as patacas as cortamos en anacos e non as deixamos enteiras?  E por que ao bater sae espuma?
Que pasa  cando están as tixolas para fregar cun pouco de auga e botamos unha pinga de lavavaixelas no medio? 
Pois todas estas cousas que acontecen ou vos preguntades por qué ocorren é o que tedes que apuntar. Non temos que saber por qué ocorren (xa lle daremos a súa explicación, porque a teñen, ao seu debido tempo) pero si temos que anotar todo o que observamos e nos chama a atención (así empezaron os científicos e os inventores!). Seguide facéndovos esas preguntas e non vos preocupedes que as respostas han de chegar.

Que tal ides con soci? Hoxe podedes empezar con estas dúas actividades:
  • Cuestionario 
  • Actividade Educaplay. Relacionamos cada enunciado co seu reino correspondente. Nesta actividade van aparecer na parte de  arriba os diferentes reinos:  xermánicos,  árabe e  cristián e tedes que marcar todos os enunciados que estean relacionados con cada un. Recordade que non fai falta rexistrarse e cando acabedes de facela xa saen as solucións. Se vos é máis cómoda podédela poñer en modo de pantalla completa
     
E para acabar...o reto matemático de hoxe. Que por certo, esperaba moita máis participación. Que saibades que estou un pouquechiño decepcionada 😢  Resúltanvos moi difíciles? Ou é que non vos parades a pensar o suficiente? A ver que tal sae este:
09: EL PASTOR .Un pastor tiene que pasar un lobo, una cabra y una lechuga a la otra orilla de un río, dispone de una barca en la que solo caben el y una de las otras tres cosas. Si el lobo se queda solo con la cabra se la come, si la cabra se queda sola con la lechuga se la come, ¿cómo debe hacerlo?

luns, 27 de abril de 2020

SEMANA CORTIÑA

Bos días! Chegou o luns outra vez pero non vos agobiedes que esta semana é cortiña.
Ademais imos traballar de forma distinta para que non sexa sempre o mesmo e non vos aburrades tanto, parécevos?
Déixovos aquí a lista de tarefas para esta semana.

E aquí restán as solucións aos retos  semanais:
03 LA NOTA MEDIA: Ocho.
04 LOS CUATRO ATLETAS: B-C-D-A.
05 SEIS AMIGOS DE VACACIONES: En coche.
06 LOS CUATRO PERROS: El galgo.
07 SERPIENTES MARINAS: Había 3 serpientes totalmente ciegas y 3 con ambos ojos sanos.
Noraboa aos que deron coa solución!

E aquí vai o de hoxe:
08. CABALLOS. El caballo de Mac es más oscuro que el de Smith, pero más rápido y más viejo que el de Jack, que es aún más lento que el de Willy, que es más joven que el de Mac, que es más viejo que el de Smith, que es más claro que el de Willy, aunque el de Jack es más lento y más oscuro que el de Smith. ¿Cuál es el más viejo, cuál el más lento y cuál el más claro?

Pois veña ...a traballar ! e non esquezades enviarme os audios!

venres, 24 de abril de 2020

SOLUCIÓNS ÁS TAREFAS SEMANAIS

E de novo venres!
Alá foi outra semana de duro traballo.

Todos e todas as profes queremos agradevervos á vosa participación no Día do Libro deste ano. En vez de "Ler na rúa" limos en casa pero... o conto é que o fixemos! Tedes colgado o vídeo na páxina web do cole e no Departamento de Orientación, pero se queredes tamén o podedes ver desde aquí (mirade nas columnas da dereita).

Que tal foi o "control" de onte? Esta vez foi difícil, pero se non saíu ben non vos preocupedes. Máis que nada o que quería probar era o sistema da actividade. De todas formas houbo quen se ergueu cedo con toda a ansia para facelo. Que gusto dá vervos traballar así!

Pois para que vos quede mellor sabor de boca por que non facedes este cuestionario de CC Naturais? Despois do que estudiáchedes e de facer o pasapalabra do martes seguro que vos sae de marabilla.
Por certo, tedes que dicirme qué tipo de actividades son as que máis vos gustan para facer máis desas ou buscar cómo facer outras distintas.

E sigo esperando nomes para "bautizar" á nosa mascota e tamén as vosas respostas para os retos matemáticos. Aquí vos deixo o de hoxe:
07. SERPIENTES MARINAS. Un capitán en el Caribe fue rodeado por un grupo de serpientes marinas, muchas de las cuales eran ciegas. Tres no veían con los ojos a estribor, 3 no veían nada a babor, 3 podían ver a estribor, 3 a babor, 3 podían ver tanto a estribor como a babor, en tanto
que otras 3 tenían ambos ojos arruinados. ¿Cuál es el mínimo número de serpientes necesarias para que con ellas se den todas esas circunstancias?

O luns xa vos digo a solución ás de esta semana e xa actualizo o ránking.

E falando doutra cousa, xa lle botáchedes on ollo á revista O Papagaio do mes de abril?

Para que vos poidades autocorrexir aquí están as SOLUCIÓNS ÁS TAREFAS SEMANAIS

Nada mellor que acabar a semana que cun conto. Neste caso " O Caxoto" cóntanos o que lle aconteceu á avoa, ao seu neto e mailo burro. A ver se vos gusta:


Pois nada, desfrutade da fin de semana e volvemos o luns. Pasádeo ben !

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bos días!
Como sabedes hoxe celebramos o Día do Libro. Xa mandachedes a vosa foto ao correo electrónico de orientación? Se xa o fixéchedes pois perfecto e se non, bulide que aínda estades a tempo de mandala!
Se vos apetece podedes facer esta WEBQUEST sobre o Día do  Libro pois para coñecer un pouco máis de por qué o celebramos, de ónde ben esta tradición..., Está pensada para nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e de seguro que ides atopar algunha cousa que non sabíades. Premede aquí e xa vos vai guiando nos pasos que debedes dar.
E por certo, que libro estades lendo actualmente? Propóñovos un concurso a ver qué vos parece: mandádesme un correo co libro que estedes lendo actualmente e logo o resto ten que adiviñar qué está lendo cada quen. Sinxelo, a que si? pois nada, no que queda de semana decídeme (por correo ou Whatsapp) qué libro estades lendo e para a próxima organizámolo e facémolo.

E como calquera xoves que se precie...que toca hoxe? Pois si, acertáchedes: CONTROL DE MATE.
Estes días xa vedes que estou moi remexona e ando a experimentar con diferentes soportes para presentarvos os traballos (cuestionarios, "pasabalabra"...). O último descubrimento (por certo, que foi grazas á profe Paz) foi o de facer fichas interactivas. Que quere dicir isto? Pois (neste caso) que podemos escribir as nosas respostas directamente no cadriño que hai ao lado das preguntas. De tódolos xeitos facédeo primeiro na libreta e logo no exame escribides as respostas. Nos problemas simplemente poñedes a operación indicada cos resultados (non facedes as cuentas no exame) . Logo cando a rematedes lle dades a "¡Terminado!". Vaivos aparecer unha mensaxe como esta.
Pois ben, logo o que tedes que facer é darlle a "corregir mis respuestas" para ver os acertos que tivéchedes (non estou moi segura de cómo vai funcionar esta parte ) e tamén, e máis importante "enviar mis respuestas a mi profesora" (ao correo marianovo.cutrin@gmail.com) para poder velos eu. Non vos preocupedes pola nota. O que me interesa é que o fagades para ver se a actividade funciona ou non, e que lle deades un pouquiño a esa cabeza, non se vos vaia a oxidar. Mañán de paso que poñemos as solución das tarefas do libro tamén poño a do exame para que poidades ver cómo se facían os exercicios. 
Pois nada, que seguro que estades desexando ver cómo é  o CONTROL DE MATEMÁTICAS.

 E quédame por propoñervos o reto de hoxe. Lédeo ben pero vai ser faciliño:
06. LOS CUATRO PERROS.  Tenemos cuatro perros: un galgo, un dogo, un alano y un podenco. Éste último come más que el galgo; el alano come más que el galgo y menos que el dogo, pero éste come más que el podenco. ¿Cuál de los cuatro será más barato de mantener?.


mércores, 22 de abril de 2020

CUESTIONARIO CC SOCIAIS

Bos días rapazada!
Que tal foi o "pasapalabra" de onte? Gustouvos?

Creo que xa temos "mascota" para o noso blog. Que vos parece?  Sabedes quen a fixo? Pois nin máis nin menos que o noso artista particular:  Xoel. Agora temos que buscarlle un nome. Mandade as vosas propostas e entre todas as recibidas facemos unha votación, que vos parece?

Acordádevos de facer as TAREFAS de INGLÉS e de MÚSICA e PLÁSTICA (podedes acceder ás actividades dende as pestanas de arriba) e logo mandarllas  á profe Paula  e ao profe Dani.
E non esquezades facervos a foto co libro tapándovos a cara e mandala ao correo do Dpto. de Orientación (orientacion2020carnota@gmail.com).
E co gallo do Día do Libro a Axencia de Lectura Municipal de Carnota tamén vos propón unha actividade. Déixovos aquí o enlace ao seu facebook para que vexades o que nos suxiren e outras actividades que levan a cabo: AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DE CARNOTA

Hoxe propóñovos facer un cuestionario de CC Sociais a ver qué tal vos sae. Recoméndovos darlle un repasiño ao tema e logo facelo sen mirar a ver cómo sae. Despois podedes mirar polo libro e volvelo a facer tantas veces como queirades. Déixovos aquí o enlace:


E que tal están saído os retos matemáticos? Dan para pensar un pouquiño e estar un rato entretidos, verdade? Recordade que tedes ata o venres para mandarme as vosas respostas e que o luns poñerei as solucións e a actualización do ránking. Animádevos a participar ! Que, aínda que algúns son un pouco complicados,  outros seguro que os resolvedes sen problema. Para o de hoxe hai que ler moi ben. Aí vai:
05 . SEIS AMIGOS DE VACACIONES:  Seis amigos desean pasar sus vacaciones juntos y deciden, cada dos, utilizar diferentes medios de transporte. Sabemos que Alejandro no utiliza el coche ya que éste acompaña a Benito que no va en avión. Andrés viaja en avión. Si Carlos no va acompañado de Darío ni hace uso del avión. ¿Podrías decirnos en qué medio de transporte llega a su destino Tomás?

martes, 21 de abril de 2020

PASAPALABRA TEMA 6 CC NATURAIS - A NATUREZA E A SÚA CONSERVACIÓN

 Que tal vos foi co tema de Naturais? Seguro que ben.
Agora, para comprobar do que vos acordades e antes de facer o cuestionario, que vos parece se vos poñedes a proba con este "pasapalabra"?
Como é o primeiro que facemos non ides ter límite de tempo. Fixádevos moi ben nos enunciados das preguntas, de si a palabra empeza ou contén esa letra, se si hai que contestar cun verbo ou cun substantivo..... Aínda non sei moi ben se funcionará ou non porque é a primeira vez que traballo con este tipo de actividade. En principio ao clicar na imaxe xa vos debería levar ao xogo (ao mellor hai algún anuncio primeiro, pero non hai que rexistrarse nin poñer correo electrónico ningún)
A ver cómo sae. Moita sorte!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5391544-tema_6_natu.html


E parece que isto xa se empeza a animar e vai collendo forma. Hoxe podemos ver dous dos traballos que unhas compañeiras fixeron a semana pasada. Moitas grazas polo voso esforzo compañeiras!

Voy a describir a mi madre. Ella tiene el pelo marrón muy oscuro, los ojos los tiene de color marrón,  pero cuando le da la claridad se le ponen verdes. Tiene una boca pequeña y las orejas tambien las tiene pequeñas. Mi madre es de cuerpo ancho y es mediana de altura. Tiene una piel bastante oscura y en verano parece un conguito. Las piernas las tiene fuertes porque jugó al fútbol muchos años, pero no tiene solamente fuertes las piernas sino también los brazos porque jugó al baloncesto.
Ella es de carácter fuerte, me puede reñir mucho pero también hace muchas cosas más, puede estar todo el dia explicando una cosa que nosotros no entendamos. Aunque es de carácter fuerte está casi todos los días feliz, también es muy simpática, amable, organizada y se preocupa por los demás
Y ASÍ ES MI MADRE. 
                                                            (A.P.F.)

                                                                                                                   (C.F.B.)

Que vos pareceron as descricións? A que estaban chulas? E que me dicides do debuxo? Unha pasada!

E veña, que xa é martes e toca novo reto matemático. Aí vai o de hoxe:
04.  LOS CUATRO ATLETAS. De cuatro corredores de atletismo se sabe que C ha llegado inmediatamente detrás de B, y D ha llegado en medio de A y C. ¿Podrías calcular el orden de llegada?

luns, 20 de abril de 2020

SOLUCIÓNS RETOS MATEMÁTICOS E TRABALLO SEMANAL

Bos días!
Luns outra vez. O tempo voa! A vós tamén vos pasa  igual de rápido que a min?

Antes de nada imos poñer as solucións aos retos matemáticos:
 01. BUSCA LA LÓGICA: .Sumas los dos primeros y restas el primer número menos el segundo número. Ejemplo primera operación:
              3-1=2
             3+1=4
             Número final: 24
02. SILENCIO: Ángela hablará más bajo que Celia

Xa vedes o noso RÁNKING como está, a ver se para o próximo luns hai algún cambio nas posicións!

E xa que estamos imos co reto de hoxe (o certo é que é un pouco difícil pero tedes toda a semana para pensar). Sabedes que podedes ir mandando as vosas respostas ou esperar a venres e mandar todas xuntas. Como prefirades, pero o bó sería que vos animárades a participar.

03. LA NOTA MEDIA. La nota media conseguida en una clase de 20 alumnos ha sido de 6. Ocho alumnos han suspendido con un 3 y el resto superó el 5. ¿Cuál es la nota media de los alumnos aprobados?

A profe Paula deixouvos traballo de inglés para facer nesta semana e púxoo no blog (xa podedes ir dende as pestanas de arriba). E nada, toca poñer o meu traballo do libro para a semana. Déixovolo aquí como de costume. Distribuídeo como vos sexa máis cómodo e ídemo mandando para podervos facer algún comentario sobre as tarefas. O venres poñerei as solucións e xa os podedes correxir (non fai falla que enviedes as correccións pero fixádevos moito.

Durante esta semana teño a intención de ir poñendo algunha tarefa para facer on line así que nos vos esquezades de mirar o blog cada día.

Podédesme mandar debuxos, vídeos e fotos (pero que non se vos vexa a cara), traballos, audios onde aparezades falando  ou cantando.... e publicámolos. Que vos parece? Así estamos máis en comunicación e fáisenos isto máis levadeiro.
O certo é que boto de menos mandar calar a algúns, dicirlle a outras que teñen unhas libretas chulísimas, non deixarvos coller papel para decorar a porta (seguro que agora estaría chea de coelliños de pascua e de flores), darlle algún susto a un que sei eu coas miñas mans  frías, mandarlle beber a outra, preguntarlle a certo individuo cómo é que volveu olvidar os bolis, dicirlle a outro que pare quieto co estoxo, ou a outro que espabile que non é hora de durmir, que xa vos escoitei pero que non podo atender dúas preguntas á vez.... pero bueno, tan pronto acabe isto preparádevos que o primeiro día xa o fago.

Por hoxe así xa chega. Mañán....máis.
Casa, Vivienda, Inmobiliaria, Residencia

venres, 17 de abril de 2020

SOLUCIÓNS DOS EXERCICIOS SEMANAIS

Xa chegou o venres! Alá vai outra semana!

Hoxe téñovos que contar varias cousas.

Acordadesvos da tira do outro día? Pois xa houbo alguén que se animou a facer a historia. Aquí a tedes:
Os exipcios vivían con Cleopatra e un día unha tormenta de area arrancou a cabeza dunha estatua. Todos os súbditos llo dixeron a Cleopatra e ela mandou aos mellores constructores de Exipto a arreglar a pirámide, pero outro día  cando Cleopatra estaba inspeccionando a estatua, outra tormenta de area volveulle a arrancar a cabeza a estatua e caeulle enriba a Cleopatra. Todos choraron pero o que máis chorou foi o seu pai, que quedou días e noites rezando a Tutancamón.  (X.B.P.) 

En canto aos retos matemáticos de momento non tiven moitas respostas. Mandádemas ao meu correo porfa (marianovo.cutrin@gmail.com) porque así chéganme ao móbil e éme moito máis facil de mirar. 
O RETO MATEMÁTICO para o día de hoxe é o seguinte (recordade que o luns poñeremos as solucións e xa teremos os nosos primeiros postos no ránking) :
Reto 2. Si Ángela habla más bajo que Rosa y Celia habla más alto que Rosa, ¿habla Ángela más alto o más bajo que Celia?


Outra cousa máis. Sabedes que o 23 de abril é o Día do Libro. Este ano non imos poder facer a actividade de "Ler na rúa" pero no seu lugar podemos levar a cabo esta proposta. Que vos parece? Tedes a actividade publicada no Dpto. de Orientación na páxina web do cole.





E xa por último aquí están as SOLUCIÓNS DOS EXERCICIOS DESTA SEMANA. Que tal vos saíron? Non foron difíciles, a que non? 
Para a semana imos facer un pasapalabra de naturais e un controliño de mate o xoves. A ver qué tal saen!
Pasade boa finde e .... volvemos á carga o luns .  Disfrutade!

xoves, 16 de abril de 2020

RETO MATEMÁTICO

Bos días!
Tal como vos dicía onte imos empezar cunha sección de "xogos matemáticos" .
Que vos parece se cada día imos poñendo un, e me ides mandando as solucións?
Por cada un ben razoado dareivos un punto e iremos publicando o ránking coas vosas puntuacións.
Ao final da corentena, cado volvamos ao cole,  poderedes cambiar os vosos puntos por un premios dun catálogo.
Teredes de LUNS a VENRES para entregar as vosas respostas (pódense mandar todas xuntas ou por separado) e as solucións e a actualización do ránking poñerémolas cada luns.
Animádevos a participar!

Aquí vai o primeiro desta semana:

1. ENCONTRA A LÓXICA



Pensade a ver qué relación lle atopades a estes números e explicade ben o razoamento. Sorte!

mércores, 15 de abril de 2020

CAMBIOS NO DESEÑO DO BLOG

Bos días, que tal hoxe?

Notades algunha diferenza no blog? Seguro que hai xente que xa se deu conta de que aparecen cousas novas. 

Como sei que os profes vos toleamos coas actividades e que un pon unha cousa por aquí, outro por alá, que si a un hai que mandarlle as actividades a tal ou cual correo... pensei que así o íades ver moito mellor e non había que andar saltando entre o blog, a páxina do cole, etc.
Tedes arriba (debaixo do título) unhas pestaniñas que vos levan ás tarefas que se publiquen das diferentes materias e o que figura entre paréntese (como xa vos díchedes conta)  é o enderezo electrónico ao cal as tedes que enviar. 
(Para os que vedes o blog dende o móbil, estas opcións aparécenvos ao principio en"inicio"  cun despregable. Outra opción para velas é ir hasta abaixo de todo e xusto debaixo de onde pon  inicio premer en  "Ver versión web")
A que así resulta máis fácil e moito máis cómodo? 
O conto é ir sabendo qué cousas non funcionan ben ou se poden ir mellorando, así que xa sabedes, calquera idea que teñades para favorecer este proxecto común... é benvida!

Hoxe non vos vou poñer  "deberes" pero gustaríame ensinarvos un traballo que fixo unha compañeira

 Ela fixo o texto e eu fixen unhas viñetas cun programa on line que se chama storyboard that (se vos interesa podemos mirar cómo usalo e traballar con el).

E agora , por que non escribides un texto en galego (mínimo 100 palabras) que estea baseado nesta tira?

Fixádevos ben nas expresións das caras, situade aos personaxes no tempo e no espazo e deixade voar a vosa imaxinación, que seguro que saen historias moi orixinais e divertidas. Mandádemas e despois as publicamos.

E creo que por hoxe nada máis. Visitade o blog de inglés (así probades se funciona o da pestaniña) porque a profe Paula mándavos un vídeo cunha mensaxe de ánimo e tamén  o departamento de orientación porque publicouse un vídeo para conmemorar o día do autismo onde están os traballos que mandáchedes.

Por hoxe creo que nada máis. Mañán vouvos poñer a proba cunha actividade de lóxica matemática que de seguro a algún lle vai gustar mooooito. Ide lendo tamén os temas novos de sociais e naturais porque para semana imos facer un "pasapalabra" .

Ata mañán!

martes, 14 de abril de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola! Como vai iso? Que tal vos sentaron as vacacións?
Espero que o pasarades ben porque pasaron rapidísimo, a que si?

Pois despois destes días xa toca poñerse a traballar. Imos comezar unha nova etapa que partir de agora terá carácter avaliable, o cal quere dicir que eu vou ter que cualificar as vosas tarefas e polo tanto necesito ter constancia e rexistro do moito que traballades para podervos poñer despóis unha nota . Así que tedes que facerme chegar as actividades e traballos que se vaian propoñendo (preferiblemente á miña conta de correo electrónico).
Ahh! una cousa IMPORTANTE: cando me mandedes as fotos das actividades, podedes baixarlle a resolución da cámara (pesan moito e tardo moito en abrilas) ou usar una app desas que escanean. Ao usar pantallas pequenas ímolas ver ben igual e deste xeito "economizamos" datos, espazo de almacenamento e tempo de carga e descarga. Probade!
Aparte deste traballo semanal, tamén se irán publicando no blog cuestionarios, pasapalabras, e outras actividades on line que vos axudarán a entender e asimilar os contidos de xeito un pouco máis lúdico ou que nos permitirán "facer exámenes", polo tanto revisádeo diariamente por si hai novidades.

Déixovos aquí a proposta de traballo para a semana a ver qué vos parece. Distribuídea como mellor se vos adapte. Recoméndovos ir dedicando cada día a unha materia diferente e os XOVES serán o día límite de entrega (é dicir tedes que ter todo listo e entregado os xoves de cada semana) así o venres dedicádesvos a correxir e a revisar o feito durante a semana.

Pois nada , aquí tedes as actividades para esta semana , calquera dúbida que teñades non dubidedes en consultar. 

Agora é o momento non de demostrar o que sabedes senón de todo o que sodes capaces de facer.



venres, 3 de abril de 2020

QUEDA NA CASA (STAY AT HOME) . RESISTIREMOS !

O profe Dani agasállanos con esta canción que está adicada especialmente a vós. Á volta das vacacións ides traballar con ela.


Aquí tedes a LETRA DA CANCIÓN


E por se non o vírades, aquí tedes tamén un vídeo que anda a circular estes días polas redes sociais e se está a converter nun himno.

  RESISTIDE!

XA CHEGOU O VENRES!

Xa chegou o venres e con el o fin da semana laboral.
Déixovos aquí as solucións dos exercicios para que vos poidades autocorrexir (xa sabedes que é moi importante. Picade en cada materia para velas:

  • LINGUA GALEGA (como era unha redacción persoal, pois non hai modelo de corrección)


Recordade que aínda que non o pareza....COMEZAN AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!.
Durante este días non haberá traballo novo así que aproveitade para descansar, xogar, troulear, retomar algún libro que teñades a medio ler....
Disfrutade moito destes días que o tedes merecido. Estades facendo un esforzo moi grande.

           VOLVEMOS O DÍA 14 A TOPE DE ENERXÍA! 



                           
    

xoves, 2 de abril de 2020

"EXAME" DE MATEMÁTICAS

Bos días! Xa estamos a xoves!
Non botades de menos aqueles exánenes dos xoves? Pois veña, que non está ben perder os bos costumes.
Collede papel e lápis e preparádevos. Nesta ocasión pensade ben as vosas respostas porque só poderedes facer o test unha vez. Consistirá soamente en facer o cambio de unidades, e iso para vós está chupadísimo. Ademais esta vez ides ter que escribir vós as respostas.
  • Prestade moita atención: en vez da coma ides utilizar o punto. E non se van usar espazos entre as cifras. Así por exemplo se queremos escribir mil trescentos con corenta e cinco escribiríamos:    
                                                          1300.45  (o punto só é para poñer como coma)

De todas formas imos repasar un pouquiño antes de comezar. Xa sabedes que para baixar (ir hacia a dereita) se multiplica e para subir (ir para a esquerda) dividimos.

Pois veña agora .....a traballar!



mércores, 1 de abril de 2020

INFORMACIÓN DE INTERESE

Dúas novas importantes:
  • Xa están a vosa disposición  en ABALAR MÓBIL as cualificacións do segundo trimestre. Neste trimestre, segundo as instruccións recibidas da Consellería, tívose en conta o traballado ata o momento do confinamento. Ao mellor hai algún erro nas faltas de asistencia, pois non foi posible cotexar o meu rexistro co que está exposto na aula. No caso de haber alguén que non dé accedido a elas, poñédevos en contacto comigo. 
  • Mañán é o Día do Autismo e dende o Departamento de Orientación propóñennos unha chea de actividades moi interesantes. Unha delas é colorear un arco da vella e pegalo na fiestra ou colgalo no balcón. Se non tedes impresosa non pasa nada! Podédelo debuxar.Mandade as fotos dos vosos traballos ao correo que vos indican ou ao meu móbil. Esta actividade ímola facer dende Infantil ata 6º ,e cantos máis participemos mellor. Déixovos aquí toda a información:

    https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/taxonomy/term/21



EXPLICACIÓN EXERCICIOS MATE

Déixovos aquí unha pequena explicación dos exercicios de mate. Non están todos feitos. Simplemente é para darvos unha orientación de cómo se farían. Deixo tamén a folla das SOLUCIÓNS.  E se queredes practicar para o "exame" de mañán picade neste XERADOR EXERCICIOS CONVERSIÓN DE UNIDADES S.M.D.  Cada vez que refresquedes a páxina sairá unha folla con exercicios, e ao premer en clave xa vos saen as solucións.
Probade a ver que tal!    Traballade moito!

https://drive.google.com/open?id=1YBDJXkCgNL4rh01mEho-3ABSKx3FlCD_

CANTO SABES DAS CCAA?

Como ides coas Comunidades Autónomas e as súas provicias? Resúltavos difícil?
A verdade é que estudialas é un pouco rollo así que canto máis practiquedes antes as ides saber.
Déixovos aquí un test para que vos poñades a proba. Fixádevos ben nos mapas interactivos e na información que se vos proporciona na clave de respostas. Estes días a AUTOCORRECCIÓN é fundamental (si.... xa sei que son unha pesada e que volo dixen moitas veces pero....esa é a verdade).
Xa non vos lío máis que de seguro que estades desexando facelo. Moita sorte!

https://forms.gle/TyLJeDdYYc7qHgsK9