Amosando publicacións coa etiqueta Traballo Semanal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballo Semanal. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

RECTA FINAL

Bos días!
Que tal a videoconferencia do venres? Eu quedei moi contenta, non sei vós , pero pareciamos como os do Instituto (ou máis). Aproveitamos moi ben o tempo e puidemos facer un montón de cousas. Noraboa!
Ademais, está ben que vaiamos precticando esa forma de traballar  porque ao mellor para o próximo ano vólvenos a facer falla empregalas outra vez.

Estamos entrando na recta final do curso.
A partir de agora xa non imos usar máis os libros así que poédeos xa todos xuntos porque nestes días ímosvos dar o protocolo para recollelos. Acordádevos tamén dos da Biblioteca, vale?

Pero que non usemos os libros non quere dicir que non vaiamos traballar (creo que os de 5ºB sodes os máis traballadores do mundo mundial).
Déixovos aquí a proposta desta semana. Empezade por Soci e Natu para  devolver xa os libros. De Lengua Castellana e de Galego podédelas facer na libreta ou enchelas no live worksheets directamente para enviarmas despois, o que vos sexa máis cómodo:

Matemáticas: 


Lengua Castellana:


Lingua Galega:


CC Naturais:

  • Para rematar, lede o Tema 9 que fala sobre a electricidade e intentade facer un experimento relacionado con ela (vale calquera tipo pero que estea relacionado coa electricidade) . Podedes mirar vídeos, o libro, internet.....

CC Sociais:

  • Esquema Tema 9


En canto os retos matemáticos da semana pasada, estas son as solucións:
24. EL MAYOR PRODUCTO: El mayor producto es 631x542
25. NAVIDAD: Falamos de Nadal e Aninovo DO MESMO ANO, non de dous anos seguidos, tal como aparece no calendario. Primeiro celebramos o Aninovo e 51 semanas máis tarde o Nadal.
26. SELLOS: Nunha ducia sempre hai 12 elementos
27. ¿QUIÉN SOY?: O número 7 dun teléfono móbil

E vai o de hoxe:
28. COCHES Y MOTOS: En un taller se cambiaron los neumáticos a 40 vehículos, entre coches y motos. En total se pusieron 100 ruedas. ¿A cuántos coches y a cuántas motos les cambiaron los neumáticos?

martes, 19 de maio de 2020

CANTO TEMPO!

Canto tempo hai xa dende a última vez, verdade? Que tal foron estes días?
Pois hoxe martes volvemos a retomar a rutina. Déixovos aquí a tarefa semanal.

Acordádesvos que os luns e os martes sempre vos lía un libro na Biblio? Pois como novidade, a partir de agora, e durante uns días, tamén o vou facer.
Cada día, non só os luns e martes,  lereivos un capítulo do libro Chamizo, de Fina Casalderrey.
                                                                chamizo (3ª ed.)-fina casalderrey-9788483026168

 Despois de escoitalo (podédelos facer as veces que queirades) tedes que facer sempre un breve resumo do capítulo que toque ese día.
Este é o de hoxe, agardo que vos guste:

Capítulo 1: Sabes? Odio vivir nun piso

Recordade tamén que nesta semana xa teriamos que entregar o Mareando Historias. Moitos de vós xa mo enviáchedes, pero hai quen  aínda mo ten que mandar para facer unha primeira revisión.


E que, votávades de menos os retos matemáticos ou non? Por cal íamos? A ver qué vos parece este de hoxe:
17. PINTANDO UN CUBO:  ¿Cuál es el menor número de colores necesario para pintar las caras de un cubo  (= dado) de forma que dos caras contiguas no tengan el mismo color?

luns, 4 de maio de 2020

TRABALLO SEMANAL

Ola novamente!
Que tal foron estes días? Xa saíchedes a dar unha volta? De todos modos xa sabedes....SENTIDIÑO.
Pois despois destes días de descanso toca volver ao traballo. Aquí vai o desta semana. Espero ir poñendo algunha actividade estes días así que estade atentos e atentas ás novas publicacións.
E coma todos os luns toca actualizar o ránking matemático. Vedes que Alexandra xa se uníu ao club. O resto animádevos que estades a tempo!
As solucións  dos retos da semana pasada foron estes:
08. CABALLOS:  El más viejo es el de Mac. El más lento el de Jack. El más claro el de Smith
09. EL PASTOR: Pasa primero a la cabra, la deja en la otra orilla y regresa a por el lobo. Lleva al lobo y regresa con la cabra. Coge la lechuga y la lleva a la otra orilla junto al lobo. Vuelve a buscar la cabra. Finalmente lleva la cabra a donde están el lobo y la lechuga.
10. CÁLCULO: 34
11. EDADES: Hoy Felipe tendrá 5 años

E para hoxe, que vos parece este?:
12 . ¿QUE DÍA DE LA SEMANA SERÁ ?: Un niño ha decidido ducharse solo tres días a la semana para ahorrar agua. Hoy, su madre le ha dicho que hiciera el favor de ducharse y él ha respondido:  - Ya me duché ayer,  además me he duchado seis días seguidos.
Este niño nunca miente. ¿Qué día de la semana es hoy?

 

luns, 27 de abril de 2020

SEMANA CORTIÑA

Bos días! Chegou o luns outra vez pero non vos agobiedes que esta semana é cortiña.
Ademais imos traballar de forma distinta para que non sexa sempre o mesmo e non vos aburrades tanto, parécevos?
Déixovos aquí a lista de tarefas para esta semana.

E aquí restán as solucións aos retos  semanais:
03 LA NOTA MEDIA: Ocho.
04 LOS CUATRO ATLETAS: B-C-D-A.
05 SEIS AMIGOS DE VACACIONES: En coche.
06 LOS CUATRO PERROS: El galgo.
07 SERPIENTES MARINAS: Había 3 serpientes totalmente ciegas y 3 con ambos ojos sanos.
Noraboa aos que deron coa solución!

E aquí vai o de hoxe:
08. CABALLOS. El caballo de Mac es más oscuro que el de Smith, pero más rápido y más viejo que el de Jack, que es aún más lento que el de Willy, que es más joven que el de Mac, que es más viejo que el de Smith, que es más claro que el de Willy, aunque el de Jack es más lento y más oscuro que el de Smith. ¿Cuál es el más viejo, cuál el más lento y cuál el más claro?

Pois veña ...a traballar ! e non esquezades enviarme os audios!

luns, 20 de abril de 2020

SOLUCIÓNS RETOS MATEMÁTICOS E TRABALLO SEMANAL

Bos días!
Luns outra vez. O tempo voa! A vós tamén vos pasa  igual de rápido que a min?

Antes de nada imos poñer as solucións aos retos matemáticos:
 01. BUSCA LA LÓGICA: .Sumas los dos primeros y restas el primer número menos el segundo número. Ejemplo primera operación:
              3-1=2
             3+1=4
             Número final: 24
02. SILENCIO: Ángela hablará más bajo que Celia

Xa vedes o noso RÁNKING como está, a ver se para o próximo luns hai algún cambio nas posicións!

E xa que estamos imos co reto de hoxe (o certo é que é un pouco difícil pero tedes toda a semana para pensar). Sabedes que podedes ir mandando as vosas respostas ou esperar a venres e mandar todas xuntas. Como prefirades, pero o bó sería que vos animárades a participar.

03. LA NOTA MEDIA. La nota media conseguida en una clase de 20 alumnos ha sido de 6. Ocho alumnos han suspendido con un 3 y el resto superó el 5. ¿Cuál es la nota media de los alumnos aprobados?

A profe Paula deixouvos traballo de inglés para facer nesta semana e púxoo no blog (xa podedes ir dende as pestanas de arriba). E nada, toca poñer o meu traballo do libro para a semana. Déixovolo aquí como de costume. Distribuídeo como vos sexa máis cómodo e ídemo mandando para podervos facer algún comentario sobre as tarefas. O venres poñerei as solucións e xa os podedes correxir (non fai falla que enviedes as correccións pero fixádevos moito.

Durante esta semana teño a intención de ir poñendo algunha tarefa para facer on line así que nos vos esquezades de mirar o blog cada día.

Podédesme mandar debuxos, vídeos e fotos (pero que non se vos vexa a cara), traballos, audios onde aparezades falando  ou cantando.... e publicámolos. Que vos parece? Así estamos máis en comunicación e fáisenos isto máis levadeiro.
O certo é que boto de menos mandar calar a algúns, dicirlle a outras que teñen unhas libretas chulísimas, non deixarvos coller papel para decorar a porta (seguro que agora estaría chea de coelliños de pascua e de flores), darlle algún susto a un que sei eu coas miñas mans  frías, mandarlle beber a outra, preguntarlle a certo individuo cómo é que volveu olvidar os bolis, dicirlle a outro que pare quieto co estoxo, ou a outro que espabile que non é hora de durmir, que xa vos escoitei pero que non podo atender dúas preguntas á vez.... pero bueno, tan pronto acabe isto preparádevos que o primeiro día xa o fago.

Por hoxe así xa chega. Mañán....máis.
Casa, Vivienda, Inmobiliaria, Residencia

martes, 14 de abril de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola! Como vai iso? Que tal vos sentaron as vacacións?
Espero que o pasarades ben porque pasaron rapidísimo, a que si?

Pois despois destes días xa toca poñerse a traballar. Imos comezar unha nova etapa que partir de agora terá carácter avaliable, o cal quere dicir que eu vou ter que cualificar as vosas tarefas e polo tanto necesito ter constancia e rexistro do moito que traballades para podervos poñer despóis unha nota . Así que tedes que facerme chegar as actividades e traballos que se vaian propoñendo (preferiblemente á miña conta de correo electrónico).
Ahh! una cousa IMPORTANTE: cando me mandedes as fotos das actividades, podedes baixarlle a resolución da cámara (pesan moito e tardo moito en abrilas) ou usar una app desas que escanean. Ao usar pantallas pequenas ímolas ver ben igual e deste xeito "economizamos" datos, espazo de almacenamento e tempo de carga e descarga. Probade!
Aparte deste traballo semanal, tamén se irán publicando no blog cuestionarios, pasapalabras, e outras actividades on line que vos axudarán a entender e asimilar os contidos de xeito un pouco máis lúdico ou que nos permitirán "facer exámenes", polo tanto revisádeo diariamente por si hai novidades.

Déixovos aquí a proposta de traballo para a semana a ver qué vos parece. Distribuídea como mellor se vos adapte. Recoméndovos ir dedicando cada día a unha materia diferente e os XOVES serán o día límite de entrega (é dicir tedes que ter todo listo e entregado os xoves de cada semana) así o venres dedicádesvos a correxir e a revisar o feito durante a semana.

Pois nada , aquí tedes as actividades para esta semana , calquera dúbida que teñades non dubidedes en consultar. 

Agora é o momento non de demostrar o que sabedes senón de todo o que sodes capaces de facer.



martes, 31 de marzo de 2020

ESTAMOS AQUÍ NOVAMENTE

Que tal cativada? Como ides? Como foi o fin de semana?
Supoño que descansaríades e que vos enchestes de enerxía para afrontar unha semana máis.
Vamos a por ela!
Propóñovos unha serie de tarefas para que, ao voso ritmo, e según a dispoñibilidade que teñades, as vaiades facendo (organizádevos e non deixedes todo para o último día).
Nesta semana:
  • Comezaremos tema de matemáticas (o sistema métrico decimal), así que repasade cómo se multiplicaba e cómo se dividía pola unidade seguida de ceros porque vai ser fundamental. Podedes ver os vídeos que se recomendan el logo ir facendo os exerxicios do libro. Ahhh e o xoves faremos "exame". Vai consistir soamente en pasar dunhas unidades a outras así que será faciliño.
  • Tamén ides ter que contestar a unhas preguntas de sociais e de naturais. Do tema de soci vai haber que saberse as Comunidades Autónomas e as súas provincias (vou poñer un cuestionario para facer)  e tamén os países fundadores e os que forman actualmente a Unión Europea . Unha mamá propuxo unha páxina onde podedes practicar con mapas interactivos. Apréndese un montón e de paso vos divertides.
  • De castelán e galego haberá exercicios do libro e unha redacción en galego que se vai titular "Eu non pensaba que despois de dúas semanas......." .
 A ver qué tal vos saen. O venres publicarei as correccións pero se mentras tanto tedes algunha dúbida, pois xa sabedes, preguntade o que necesitedes.Veña, que o estades facendo moi ben!
                                                                                                                                                                 https://drive.google.com/open?id=1C_m1gwQb5YHiTCC7-Q8LuJoOF2aTdMNn

18 MARZO 2020

Como ides? Perdidos/as?

Para ir avanzando empezade coa Entrevista de Uxía que tíñamos pendente.
Acordádevos de poñer unha introducción presentándoa e explicando por qué veu ao noso cole. Despois estructurade as preguntas  (biografía, aficcións e gustos, etapa no centro de alto rendemento, estudos, ocupación actual....) .
Para escribir a entrevista podédelo facer de varias maneiras:
  • Facelo nun documento de texto tipo Word ou Open Office  e mándarmo a esta dirección de correo: marianovo.cutrin@gmail.com
  • Facelo na libreta/folio e sacarlle unha foto para enviala ao correo electrónico anterior.
  •  Entrar en Documentos Google e dende a conta de Carnosans escribir a vosa entrevista no documento que xa tedes creado (así xa vos marco os comentarios e as correccións no propio documento e non hai que ir gardando de cada vez)
Eu reviso a conta de carnosans@gmail.com  pola mañán e pola noite e xa vou vendo o que ides facendo.

O luns poñerei a corrección das follas de matemáticas, que os problemas xa tiñan as solucións así que..... ídelle dando!
Clicaque aquí por se non vos acordades de cáles eran.


Este días tócame seguir explorando isto das novas tecnoloxías así que ....ata o luns!