venres, 5 de xuño de 2020

VENRES E... VIDEOCONFERENCIA

Bos días!
Sabedes que día é hoxe? Hoxe é o Día do Medio Ambiente e para que non nos esquezamos del, Bibi preparou o seguinte material. Picade no enlace de abaixo para que vos leve á información. Hai uns vídeos moi chulos que de seguro vos van encantar.

https://drive.google.com/file/d/11YAtpZ2cALLMhaVJHXM4ufxQCuaDSiw5/view 


Despois para a videoconferencia estade preparados e collede o de mate, lengua castellana e galego porque hoxe imos intentar correxir entre todos (a ver se somos capaces).
Hoxe imos ter unha norma: imos falar por turnos. Cando nos poñamos a correxir todo o mundo vai ter o micro apagado e só o vai prender a persoa  a quen lle toque, para así poder entendernos mellor.
A ver se hai sorte e podemos unirmos máis que o outro día.
Xa vos poño aquí as correccións desta semana (excepto do resumo de soci) para que podades revisar e mirar se algunha cousa non quedou ben entendida.

Hoxe descansamos de lectura e de reto matemático.

Vémonos nun anaquiño e boa fin de semana!