venres, 29 de maio de 2020

VIDEOCONFERENCIA

Como van eses nervos?
Déixovos a outro titorial para o das videoconferencias por se o explican mellor. Recordade que tamén podedes usar as contas de correo electrónico de gmail , hotmail...ou de non ter, a da Xunta (que xa vos demos de alta).
Dicirvos tamén de que se o voso dispositivo non ten cámara, non vos preocupedes. Que a opción audio téñena todos, o único....que non nos poderemos ver.


                           
Recodade era ás 12:30 . Tede a man apuntado nun papel o número de reunión e o contrasinal por se é necesario.
Ata dentro dun ratiño! 

xoves, 28 de maio de 2020

XA FALTA MENOS !

Que tal?
Hai moitos nervos para a reunión de mañán? Seguro que si. Xa teño moitas ganas de vervos (seguro que vós a min non tanto) e de que me contedes moitas cousas (tanto as boas como as malas).
Mandei aos vosos pais/nais a información co número de reunión e contrasinal.Se queredes,volvede a revisar o vídeo que puxen o luns e ide facendo algunha proba. Xa podedes introducir a información que mandei pero vaivos dicir que non se pode conectar porque a reunión aínda non está empezada. Pero para ir practicando e familiarizándose xa vale así,despois o venres xa vos deixa unir e se vedes que non sodes capaces, pois chamádesme por teléfono e indícovos cómo facelo.

E que? O de Mareando Historias vaise facer só? Correxíchedes as faltas que vos indiquei a algúns/has?  O tempo pasa voando así que dádelle caña.

Hoxe non vos vou poñer traballo (que sei que estades cansados e vai moita calor estes días), só o de que vaiades practicando o de cómo entrar en webex e tamén que vos poñades ao día coas tarefas de inglés, E.F., música,plástica e reli que seguro que aparece algo pendente.

Vémonos mañá!


mércores, 27 de maio de 2020

¡HUYE DEL LOBO, CAPERUCITA!

Bos días, que tal ides?

O outro día creo que vos gustou bastante a experiencia do "Escape Room" que fixéchedes co gallo das Letras Galegas. Pois hoxe tráiovos un (non o fixen eu pero...."todo se andará") un pouquiño variado. Ademais aos que vos gustan os bichiños seguro que vos vai encantar porque aparecen curiosidades moi "guais".
Xa sabedes como funcionan este tipo de desafíos, tedes que ir resolvendo as tarefas que vos propoñen e ir anotando os números que van servir ao final para abrir a caixa forte. Xa me diredes se vos gustou ou non!


E toca escoitar outra vez e logo facer o resumo. Ninguén se anima a gravar un capítulo?
Capítulo 7: Ao entrar pola porta as meixelas víranselle automaticamente vermellas...

Finalizamos co reto de hoxe :
23. EL NENÚFAR: Un nenúfar se duplica cada día y cubre un lado en 15 días. ¿Cuántos días tarda en cubrir la mitad del lago?



martes, 26 de maio de 2020

NOVO RÁNKING MATEMÁTICO

Bos días!
Como o prometido é débeda eu non quero deber nada, pois aquí van os resultados dos retos matemáticos da semana pasada:

17. PINTANDO UN CUBO: Necesitaríamos, como mínimo tres cores
18. NÚMEROS PARES: Colocaríamos os seguintes (por filas) 12-2-6 / 14-10-6 / 4-18-8
19. LOS KOALAS: Tardarían 2 horas
20. CARACOL: Tardan o mesmo (1h 20 min = 80 min)

Recórdovos que nesta semana é OBRIGATORIO presentar o conto para Mareando Historias. A algúns mandeille correccións pero poucos foron os que a modificaron, así que poñédevos as pilas porque nesta semana ten que quedar listo. Acordádevos de asinar cun psudónimo e quen teña posibilidade, que a entregue xa pasada a ordenador (podedes usar o documento de texto de carnosáns para escribila) ou se non se vos pon moi a man, xa a paso eu (pero tedes que mandarma!).

Atopei esta actividade de mate a ver qué vos parece. Esta vez NON usedes lápis e papel nin calculadora. O que quero é que intentedes razoar e dar coa resposta correcta (ou descartar a incorrecta). Non tedes que enviarma nin nada, simplemente facela (a ver cando aprendo eu tamén a facer actividades así de chulas. "Estou en ello" pero aínda me queda un chisquiño..)
Aquí vai :

De Chamizo o capítulo de hoxe é este:

E lede ben o reto de hoxe:
22. PARIENTES: Mi tía Julia es la hermana de mi madre. Luisa es la hermana de mi tía, pero no es mi tía. ¿Quién es?


luns, 25 de maio de 2020

A POR OUTRA SEMANA!

Bos días! De novo luns! Que tal foi a fin de semana?
De seguro que a partir de agora xa o ides levar mellor porque xa podedes ir á praia a mollar un pouco os pés. Magoa que a auga sempre estea tan fría!
Como agora xa se poden facer máis cousas, pois eu vouvos poñer menos deberes. Que vos parece?
Nesta semana só imos facer: unha ficha de problemas de Mate, unha de ortografía de Caste, de Galego acabar o conto de Mareando Historias e actividades de Soci e Natu que vaia facendo. Non esta mal o plan, non?
Aquí volas deixo:

Non me deu tempo aínda de correxir todos os retos matemáticos, así que xa vedes que está sin actualizar. Mañán xa saberemos cómo está a nova clasificación.
E o reto de hoxe é o seguinte:

21. PARTIDO DE FÚTBOL: Al finalizar el primer tiempo, el Salamanca ganaba al Ávila por 2 goles. En el segundo tiempo cada equipo anotó dos goles más. Si el marcador final suma 10 goles, ¿cuál era el marcador en el descanso?

E qué capítulo de Chamizo nos toca hoxe? Se vos animades e queredes ser vós os que leades, avisádeme e pásovos o texto. Logo gravades o audio e enviádesmo para podelo publicar.


Xa vos comentaron os vosos pais o da videoconferencia? A ver, estiven pensando que podiamos facer unha para probar e ver cómo funciona a plataforma e de paso vernos e falar entre nós un chisco. Que vos parece?
Entre todos ao mellor non vai moi ben pero despois, se nos gusta o funcionamento, podiamos establecer reunións/clases  en pequenos grupos unha vez á semana. Para iso (ademais do consentimento por escrito dos vosos pais) necesitamos ter un dispositivo con conexión a internet (móbil, tablet ou ordenador) xa que nos imos conectar de forma que non haxa que instalar ningunha aplicación. Só necesitaríades saber o número da reunión e o contrasinal (que llo mandarei por Abalar ou outro medio aos vosos pais).
En principio esta primeira proba está posta para o venres ás 12.30 a ver se sodes capaces de conectarvos (pódenvos axudar, pero xa veredes que non é demasiado complicado) pero se non vos vai ben ese día, propoñede outra data ou outra hora para cambiar a reunión.
En caso de non poder acceder,tampouco vos preocupedes porque non imos dar materia. Só imos mirar a ver si somos capaces de conectarnos e falar un chisco.
Déixovos aquí un pequeno vídeo (que agora estou aprendendo eu tamén a facer estes "modernismos") de cómo habería que entrar:


domingo, 24 de maio de 2020

DOMINGO

Bos días rapazada!

A que é raro estar por aquí un domingo? Pois esta vez , como non fixen os meus "deberes" pola semana teño que rematalos hoxe.
Faltábame por apoñer as solución do traballo semanal. Pois aquí o tedes:

Solucións fichas ortografía Lengua Castellana
Fichas Lingua Galega
Fichas Mate sistema sexagesimal
Control mate sistema sexagesimal

Agora si que xa quedou todo listo.

Disfrutade do que queda da fin de semana. Mañá volvemos!

venres, 22 de maio de 2020

VENRES DE NOVO

E alá vai outra semana máis!

Recordade que o día 27 é a data límite para entregar a historia para o concurso e eu teño que telas antes para pasarllas ao Equipo da Biblioteca. Non vos esquezades de que os vosos traballos van firmados cun psudónimo así que sede orixinais (que seguro que iso tamén o van ter en conta á hora de seleccionar o conto gañador).

Líchedes xa algo do tema de sociais? Este....é longo, a que si?  Pero bueno , con que saibamos buscar a información e catro características xerais xa chega.
Déixovos aquí o cuestionario para que o fagades (podedes mirar polo libro que non hai problema).

E que tal saleu onte o control de mate?

Aínda non me deu tempo de poñer as solucións dos exercicios, pero non vos preocupedes que ireinas poñendo ao longo do día.

O que si vos deixo son o reto matemático de hoxe e o seguinte capítulo de Chamizo.

20. CARACOL: Un caracol tarda una hora y veinte minutos en recorrer un circuito en el sentido de las agujas del reloj. Y cuando recorre ese mismo circuito en sentido contrario tarda 80 minutos. ¿A que se debe esa diferencia?




Capítulo 4: E se o levo para o trasteiro do noso piso?

xoves, 21 de maio de 2020

EXAME DE MATEMÁTICAS

Bos días!
Que tal? Metíchedes onte as formas de enerxía na súa vagoneta correspondente?
Non sei se tivo moito éxito a actividade ou o qué pasou que, onte pola tarde cando mirei cómo ía a cousa solo atopei isto:
                                               
Pode ser que solamente Xabi D. fixera o xogo? Seguro que algo estaba mal, ou sen actualizar porque...non me creo que só a fixera el .

Sabedes que estes días a participación nas tarefas é importante. Non importa que non saian ben, o que conta é intentar facelas. Hai xente que aínda non enviou ningunha tarefa de Plástica  e  de Música. Tédelas nas lapelas superiores. Se picades aí xa ides á páxina web e vedes cáles había que facer. Fixádevos ben nas datas por se tedes algunha atrasada que se vos pasase.
Tedes que procurar unha vez á semana revisar si hai traballo das otras especialidades e mandarllo ao profe correspondente por email (tedes nesas lapelas tamén os correos electrónicos) .

E nada, xa estades desexando facer o exame, non si? Esta vez non me esquecín!
Podédelo facer de diferentes xeitos:
De tódolos xeitos, aínda que fagades o cuestionario ou cubrades as respostas na folla tedes que facelo na libreta para poder chegar ao resultado axeitado. Non consiste en dárlle unha opción ao chou.

Toca lectura, verdade? Creo que imos polo capítulo 3. Que vos estáparecendo? Gústavos? Tedes que comentarme se vos gusta ou non este tipo de actividade para repetila ou para non volvela a facer. Xa me contaredes!
Capítulo 3: Nisto, algo que mira dentro dela fai que se deteña ....

E para rematar por hoxe, o reto:

19. LOS KOALAS: Una cría de koala se come todas las hojas de un eucalipto en 10 horas. Los koalas adultos comen el doble de rápido que las crías. ¿En cuántas horas se comerán los tres koalas: el padre, la madre y la cría, las hojas del eucalipto?

mércores, 20 de maio de 2020

ACTIVIDADE CC NATURAIS

Bos días! Como vai iso?
Espero que esteades lendo os temas de Natu e de Soci, e acordádevos do conto de Mareando Historias!
Creo que hai traballo de Inglés e de Música e Plástica, así que botádelle un ollo tamén. Non vos descoidesdes!
Entón que, facemos un xoguiño sobre os tipos de enerxía? A ver qué vos parece este:

AS FORMAS DA ENERXÍA
 
E o reto matemático de hoxe:
18. NÚMEROS PARES:  Rellena este cuadrado colocando los primeros 9 números pares de manera que la suma de cualquiera de las filas, de las columnas y de las dos diagonales siempre den como resultado 30.
Antes de despedirnos, hai que escoitar o seguinte capítulo do libro. Que vos pareceu o de onte?
Non vos esquezades de facer o resumo despois.

Capítulo 2: Iso fai que sinta un arrepio.....

martes, 19 de maio de 2020

CANTO TEMPO!

Canto tempo hai xa dende a última vez, verdade? Que tal foron estes días?
Pois hoxe martes volvemos a retomar a rutina. Déixovos aquí a tarefa semanal.

Acordádesvos que os luns e os martes sempre vos lía un libro na Biblio? Pois como novidade, a partir de agora, e durante uns días, tamén o vou facer.
Cada día, non só os luns e martes,  lereivos un capítulo do libro Chamizo, de Fina Casalderrey.
                                                                chamizo (3ª ed.)-fina casalderrey-9788483026168

 Despois de escoitalo (podédelos facer as veces que queirades) tedes que facer sempre un breve resumo do capítulo que toque ese día.
Este é o de hoxe, agardo que vos guste:

Capítulo 1: Sabes? Odio vivir nun piso

Recordade tamén que nesta semana xa teriamos que entregar o Mareando Historias. Moitos de vós xa mo enviáchedes, pero hai quen  aínda mo ten que mandar para facer unha primeira revisión.


E que, votávades de menos os retos matemáticos ou non? Por cal íamos? A ver qué vos parece este de hoxe:
17. PINTANDO UN CUBO:  ¿Cuál es el menor número de colores necesario para pintar las caras de un cubo  (= dado) de forma que dos caras contiguas no tengan el mismo color?

venres, 15 de maio de 2020

VENRES OUTRA VEZ

Que tal o Scape Room de onte?
Xa fixérades algún ? Para o ano temos que aprender e facer nós un. Que vos parece a idea?
Remata a semana e con ela o traballo. Non vos queixaredes... que esta foi lixeiriña.
A tarefa de hoxe tamén vai ser fácil. Só tedes que facer un resumo contando  todo o que levades feito ata o de agora e qué tipo de actividades ou de exercicios vos gustaría facer nas próximas semanas.
E facede o favor de revisar esa ortografía porque....😢 non poñedes un til! E cos b e v facedes cada macedonia,.....
Pois iso tedes que contarme o que vos gustaría facer e eu intentoo, vale? Que temos que seguir investigando e buscando cousas chulas!
Tamén me gustaría  que fixéramos algo entre todos, non sei. Por exemplo :

  • Que cada un lese un anaco dun conto e despois montalo todo xunto, ou que o escribísedes ...
  • Que gravásemos un vídeo a partir dunha foto do que vedes pola vosa fiestra e despois escribísemos un poema...
  • Que cada un cantase un anaquiño dunha canción das de Dani e logo mandábamoslla a el...
  • Facer un debuxo entre todos para logo decorar a porta da clase..
A vós que se vos ocorre? Tedes que propoñer ideas para ver o que podemos artellar.

Pois nada. Alá foi outra semana. Recordade que o luns no cole íamos facer festivo así que tedes por diante unha fin de semana longa. Así que....
Volvemos o martes!






xoves, 14 de maio de 2020

SCAPE ROOM

Boas!
Seguro que todos vós escoitáchedes falar algunha vez dos Scape Rooms. Eses xogos nos que te encerran nunha habitación e tes que resolver diferentes enigmas para poder saír dela.
Nós pechados non estamos pero tamén imos ter que resolver uns cantos enigmas para poder chegar ata o final. Sorte!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020


Mañá xa veremos quen de vós acadou as máximas puntuacións nas actividades anteriores.

Ata mañá!

mércores, 13 de maio de 2020

OBRA

Xa estamos a mércores! Metade da semana e baixando.

Que tal o concurso de onte? Gustouvos?
Xa vin que algún ao principio contestou "ao chou" pero despois repetíuno para facelo ben. E outro , que aínda que tivo as 17 preguntas correctas, volveuno a intentar para ver si o facía en menos tempo e  lle daban máis puntos . Esa é a actitude! A de intentar supererse sempre. Moi ben!
Non vos preocupedes que xa faremos máis actividades deste tipo e xa descubrín otra que vos vai encantar. Xa veredes! (O malo é que a versión gratuíta só me deixa facer cinco actividades, entón teño que ir borrando unhas para poñer outras)

Pois así como onte líamos algo sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero, hoxe ímonos centrar un pouquiño máis na súa obra. Déixovos unha serie de actividades que elaborou o Seminario Galán. Podédelas facer na libreta ou directamente enchendo os ocos e logo dándolle a " enviar a tu profesor"  como fixeramos con aquela ficha de mate, acordádesvos? Non lle deades a correxir por si despois non vos deixa enviala. Simplemente cando acabedes dádeslle a TERMINAR e ENVIAR A TU PROFESOR e logo xa vos mando eu as correccións feitas. Os debuxos si que os ides ter que facer na libreta.

Preme aquí se vas facer as ACTIVIDADES NA LIBRETA
Pincha aquí se queres cubrir as ACTIVIDADES EN LIÑA 

E podedes ler un pouquiño de AS PITAS BAIXO A CHUVIA facendo esta actividade:

https://wordwall.net/play/2205/056/304




E xa escoitachedes a nova canción de Dani? É unha pasada. Seguro que si a combinamos cos pasos de muiñeira que propuxo Manolo sae unha mistura redonda!
Se aínda non sabedes de qué estou a falar pinchade nas lapelas de arriba de EF e de Música e Plástica e xa vos enterades ao instante.

martes, 12 de maio de 2020

BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO

Bos días !
Que tal ides con Mareando Historias? Lede ben as bases do concurso e antes de lanzarvos a escribir planificade,  axudándovos da ficha dos cinco pasos de onte, o que ides facer.

Pois hoxe tócanos unha comprensión lectora. Para empezar tedes que ler con calma estes dous documentos nos que nos contan un pouco quen foi, e a qué se adicou Ricardo Carvalho Calero.



E agora que xa o lídeches imos ver de qué vos acordades con esta actividade. Espero que vos guste! 
Debaixo das opcións tedes unhas barriñas vermellas. Eses son os comodíns: un para dobrar a puntuación, o do 50:50 e outro de tempo extra. 
Non fai falla que vos rexistredes, tan só poñede o voso nome (ou as iniciais). Non debemos poñer nome e apelidos á vez (cantos menos datos deamos, mellor).

Quen de vós conseguirá máis puntos?



Por hoxe nada máis. hoxe tocounos a vida de Carvalho Calero e mañá coñeceremos un pouco máis a súa obra.




luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS

Bos días!
Sabedes que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e que si estiveramos no cole pois durante esta semana faríamos diferntes actividades relacionadas con estas.
Pois xusto iso é o que imos facer!
Nesta semana só imos facer tarefas de Lingua Galega, ben sexan na libreta, ou a través de xogos.
(Seguro que xa hai máis de un protestando! Non vos preocupedes...., outra semana xa faremos un monográfico só de matemáticas 😉)
Ademais así quen teña todo ao día pode gozar duns días relaxados e quen aínda teña algún traballo pendente pois pode irse poñendo ao día.
Para arrancar ímonos centrar no concurso de "Mareando Historias". Imos facer as cousas ben feitas e empezando polo principio. Como se fai unha historia?

Tedes aí de xeito moi resumido os pasos que hai que dar para que a nosa historia quede "de profesionais". Antes de lanzarvos a escribir recoméndovos que anotedes as ideas para cada un destes cinco pasos, que as meditedes ben e logo xa vos poñeredes a redactar.
Acordádevos de poñer cada "idea principal" nun parágrafo, e de separar as secundarias con puntos.
Utilizade tamén comas, diálogos, signos de admiración e de puntuación....
Usade conectores para unir as diferentes partes e revisade a ortografía e a acentuación. 
Según vaiades facendo a vosa historia ídema mandando pero antes de nada TEDES QUE MANDAR O ESQUEMA  describindo brevemente os cinco pasos anteriores.

Seguindo con letras, non sei se xa o veríades nas rrss pero....... podíadesvos animar a participar! Mirade, mirade!
Picade no cartaz para ver a información completa.

Esta semana non vai haber retos matemáticos pero aquí están a solución aos da semana pasada. Noraboa aos acertantes!

12 QUÉ DÍA DE LA SEMANA SERÁ: Jueves
13 DINERO: Ana tiene una moneda de 2€ y María 2 de 50 céntimos
14 PUZZLE: Alberto
15 MENTIRAS: Jueves
16 EDADES: Marta puede tener 19,Laura 18 y Lucía 16 (pero no es la única opción válida)


E para ser luns xa non está mal. Mañá haberá novas propostas para seguir traballando coas letras.

venres, 8 de maio de 2020

POR FIN VENRES !

Ola!
Que tal estades hoxe?
Onte houbo que botou de menos o exame de mate. A verdade é que estiven un pouco liada con outras cousas do cole e esquecinme totalmente de preparalo. Pero...non mo ides ter moito en conta, verdade? Por esta vez perdoádesme, a que si? Ademais ese tipo de cousas teñen arreglo. A próxima semana poñemos dous ...e xa está!
Que tal ides co borrajancho. Acordádevos que o prazo para entregalo acaba o domingo, e que llo tedes que enviar a Dani (tedes na lapela de arriba o seu enderezo electrónico).
E de concurso en concurso.... acaba de saír tamén a convocatoria de "Mareando Historias". Xa a víchedes?
https://drive.google.com/file/d/1IkPjox14Am9ifDHZ-aSs3_r8OC2RKsDw/view?usp=sharing


Fixádevos moi ben no prazo de presentación para que non se vos pase. Cando a teñades lista mandádesma para  vos vaia facendo algun comentario e vos corrixa as faltas de expresión, de ortografía....
Despois xa a revisades, a pasades a limpo...e a entregar!
Participar non concurso non é obrigatorio pero facer a historia si , así que... tampouco perdedes nada por concursar.

E que mais vos teño que contar? Pois que de seguro alguén máis xa vai aparecer no raánking matemático. Quen será? Admítense apostas!
Facemos logo o reto de hoxe?
16.  HERMANAS: Laura, Marta y Lucía son hermanas. Marta es mayor que Laura y Laura es mayor que Lucía. Una de ellas tiene 18 años. Marta tiene un año más que Laura. Laura tiene dos años más que Lucía. Si Lucía no tiene 18 años, ¿cuántos tiene cada una?


Rematamos coas solución do traballo desta semana. Seguro que o fixéchedes moi ben.

https://drive.google.com/file/d/10yuPqajUmHG8Y4nhjsp6mOum3kZYjJgl/view?usp=sharing

xoves, 7 de maio de 2020

CONCURSO DE BORRAJANCHOS

Bos días!
Xa chegou o  "III CONCURSO DE BORRAJANCHOS" . Dádesvos conta que xa imos pola terceira edición? Como pasa o tempo!
Por se non vos acordades de en qué consistía, picade no cartel e aí tedes as bases. Lédeas ben e animádevos a participar! (ademáis o profe Dani seguro que o ten en conta para a nota 😈)
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/III%20Concurso%20de%20Borrajanchos.pdf
Maio era o mes do "Kamishibai". Este ano facelo...énos un pouco difícil, pero podemos recordar os que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras outros anos.
Neste enlace poderedes ver os do curso 2017/18  ( A bruxa regañadentes, A nena do saco e O cataventos) e para ver os que se fixeron o curso pasado buscade na columna da dereita.
Que recordos!

Que tal un cuestionario de naturais para ir acabando a semana? A ver que vos parece este. Veña, que seguro que vos sae moi ben!
https://forms.gle/SKCZCvqxKYgL7Mo38


E para rematar, o reto matemático de hoxe:
15. MENTIRAS: Pipo solo miente los lunes, martes y miércoles y su hermana Pipa miente los jueves, viernes y sábados. Un día los dos hermanos tuvieron esta charla: "Ayer me tocó mentir" - dijo Pipo. "Pues a mí también me tocó mentir" - dijo Pipa. ¿En qué día de la semana estaban?

mércores, 6 de maio de 2020

GÓTICO E ROMÁNICO

Como estades hoxe?
Seguro que algunha vez escoitáchedes falar do gótico e do románico.  Se non o oírades nunca, agora ao ir lendo o Tema 7 de CC Sociais xa vos soa, a que sí?
Hoxe popóñovos unha actividade na que ides ter que relacionar unha información ou unha imaxe co estilo gótico ou co románico. Sabedes que nestas actividades non estamos poñendo límite de tempo e tedes varios intentos para facelas. Máis que a puntuación que obtedes, o que me interesa é que vos fixedes ben en todo o que apareza e moito, moitísimo máis nos fallos (xa sabedes que o intento, o fallo e a repetición son fundamentáis para acadar calquera tipo de aprendizaxe). Así que se non sae ben á primeira non vos desanimedes, o que importa é que na última xa haxa menos fallos.

Toca reto matemático. A ver que tal este:
14. PUZZLE: El puzzle de Ana tiene más piezas que el de Alberto. El puzzle de Aurora tiene el doble de piezas que el de Ana. ¿Qué puzzle tiene menos piezas?

martes, 5 de maio de 2020

TRABALLOS PARA A REVISTA

Bos días!
Recórdovos que a profe Cristina está traballando para a revista e necesitamos a vosa colabroración para que nos enviedes material relacionado sobre todo co Antroido, cos cumpreanos, co confinamento e co tema deste ano "Carnosáns".
Valen contos, poemas, debuxos, redaccións.... todo o que vós queirades pero xa sabedes: sen faltas e ben presentados.
Por certo, que tal vos resultou o outro día iso de ler en alto? A que se teñen moitísimos nervos cando nos poñemos diante dun micrófono ou temos que gravarnos? Para ser a primeira vez non estivo nada mal, e creo que o imos repetir máis veces.
Agora o que ides ter que facer é esta actividade. Consiste en relacionar cada fragmento que líchedes co libro ao que pertence.
                           Saberíades....QUE LIBRO ESTOU LENDO?
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5645282-que_libro_estou_lendo.html

Que tal foi onte o reto matemático? Menudo lío cos días, verdade? A ver qué tal vos sae o de hoxe:
13. DINERO: Ana tiene el doble de dinero que María. Pero María tiene el doble de monedas que Ana. Entre las dos tiene 3euros. ¿Cuánto dinero tiene cada una? ¿Qué monedas tienen cada una?

luns, 4 de maio de 2020

TRABALLO SEMANAL

Ola novamente!
Que tal foron estes días? Xa saíchedes a dar unha volta? De todos modos xa sabedes....SENTIDIÑO.
Pois despois destes días de descanso toca volver ao traballo. Aquí vai o desta semana. Espero ir poñendo algunha actividade estes días así que estade atentos e atentas ás novas publicacións.
E coma todos os luns toca actualizar o ránking matemático. Vedes que Alexandra xa se uníu ao club. O resto animádevos que estades a tempo!
As solucións  dos retos da semana pasada foron estes:
08. CABALLOS:  El más viejo es el de Mac. El más lento el de Jack. El más claro el de Smith
09. EL PASTOR: Pasa primero a la cabra, la deja en la otra orilla y regresa a por el lobo. Lleva al lobo y regresa con la cabra. Coge la lechuga y la lleva a la otra orilla junto al lobo. Vuelve a buscar la cabra. Finalmente lleva la cabra a donde están el lobo y la lechuga.
10. CÁLCULO: 34
11. EDADES: Hoy Felipe tendrá 5 años

E para hoxe, que vos parece este?:
12 . ¿QUE DÍA DE LA SEMANA SERÁ ?: Un niño ha decidido ducharse solo tres días a la semana para ahorrar agua. Hoy, su madre le ha dicho que hiciera el favor de ducharse y él ha respondido:  - Ya me duché ayer,  además me he duchado seis días seguidos.
Este niño nunca miente. ¿Qué día de la semana es hoy?