venres, 15 de maio de 2020

VENRES OUTRA VEZ

Que tal o Scape Room de onte?
Xa fixérades algún ? Para o ano temos que aprender e facer nós un. Que vos parece a idea?
Remata a semana e con ela o traballo. Non vos queixaredes... que esta foi lixeiriña.
A tarefa de hoxe tamén vai ser fácil. Só tedes que facer un resumo contando  todo o que levades feito ata o de agora e qué tipo de actividades ou de exercicios vos gustaría facer nas próximas semanas.
E facede o favor de revisar esa ortografía porque....😢 non poñedes un til! E cos b e v facedes cada macedonia,.....
Pois iso tedes que contarme o que vos gustaría facer e eu intentoo, vale? Que temos que seguir investigando e buscando cousas chulas!
Tamén me gustaría  que fixéramos algo entre todos, non sei. Por exemplo :

  • Que cada un lese un anaco dun conto e despois montalo todo xunto, ou que o escribísedes ...
  • Que gravásemos un vídeo a partir dunha foto do que vedes pola vosa fiestra e despois escribísemos un poema...
  • Que cada un cantase un anaquiño dunha canción das de Dani e logo mandábamoslla a el...
  • Facer un debuxo entre todos para logo decorar a porta da clase..
A vós que se vos ocorre? Tedes que propoñer ideas para ver o que podemos artellar.

Pois nada. Alá foi outra semana. Recordade que o luns no cole íamos facer festivo así que tedes por diante unha fin de semana longa. Así que....
Volvemos o martes!