Ola!
Que tal vai a semana?
Xa estades facendo os problemas de mate? Vouvos poñer aquí os resultados para que teñades unha idea de se saíron ben ou non. E que tedes que facer se non vos dan? Pois intentar buscar a "avería" e reparala. Así de fácil. Seguro que si lle dades un par de voltas despois xa chegades ao resultado.
Ánimo, que xa queda pouco!
Amosando publicacións coa etiqueta Correccións b>. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
DOMINGO
Bos días rapazada!
A que é raro estar por aquí un domingo? Pois esta vez , como non fixen os meus "deberes" pola semana teño que rematalos hoxe.
Faltábame por apoñer as solución do traballo semanal. Pois aquí o tedes:
Solucións fichas ortografía Lengua Castellana
Fichas Lingua Galega
Fichas Mate sistema sexagesimal
Control mate sistema sexagesimal
Agora si que xa quedou todo listo.
Disfrutade do que queda da fin de semana. Mañá volvemos!

venres, 8 de maio de 2020
POR FIN VENRES !
Ola!
Que tal estades hoxe?
Onte houbo que botou de menos o exame de mate. A verdade é que estiven un pouco liada con outras cousas do cole e esquecinme totalmente de preparalo. Pero...non mo ides ter moito en conta, verdade? Por esta vez perdoádesme, a que si? Ademais ese tipo de cousas teñen arreglo. A próxima semana poñemos dous ...e xa está!
Que tal ides co borrajancho. Acordádevos que o prazo para entregalo acaba o domingo, e que llo tedes que enviar a Dani (tedes na lapela de arriba o seu enderezo electrónico).
E de concurso en concurso.... acaba de saír tamén a convocatoria de "Mareando Historias". Xa a víchedes?
Participar non concurso non é obrigatorio pero facer a historia si , así que... tampouco perdedes nada por concursar.
E que mais vos teño que contar? Pois que de seguro alguén máis xa vai aparecer no raánking matemático. Quen será? Admítense apostas!
Facemos logo o reto de hoxe?
16. HERMANAS: Laura, Marta y Lucía son hermanas. Marta es mayor que Laura y Laura es mayor que Lucía. Una de ellas tiene 18 años. Marta tiene un año más que Laura. Laura tiene dos años más que Lucía. Si Lucía no tiene 18 años, ¿cuántos tiene cada una?
Rematamos coas solución do traballo desta semana. Seguro que o fixéchedes moi ben.
Que tal estades hoxe?
Onte houbo que botou de menos o exame de mate. A verdade é que estiven un pouco liada con outras cousas do cole e esquecinme totalmente de preparalo. Pero...non mo ides ter moito en conta, verdade? Por esta vez perdoádesme, a que si? Ademais ese tipo de cousas teñen arreglo. A próxima semana poñemos dous ...e xa está!
Que tal ides co borrajancho. Acordádevos que o prazo para entregalo acaba o domingo, e que llo tedes que enviar a Dani (tedes na lapela de arriba o seu enderezo electrónico).
E de concurso en concurso.... acaba de saír tamén a convocatoria de "Mareando Historias". Xa a víchedes?
Fixádevos moi ben no prazo de presentación para que non se vos pase. Cando a teñades lista mandádesma para vos vaia facendo algun comentario e vos corrixa as faltas de expresión, de ortografía....
Despois xa a revisades, a pasades a limpo...e a entregar!Participar non concurso non é obrigatorio pero facer a historia si , así que... tampouco perdedes nada por concursar.
E que mais vos teño que contar? Pois que de seguro alguén máis xa vai aparecer no raánking matemático. Quen será? Admítense apostas!
Facemos logo o reto de hoxe?
16. HERMANAS: Laura, Marta y Lucía son hermanas. Marta es mayor que Laura y Laura es mayor que Lucía. Una de ellas tiene 18 años. Marta tiene un año más que Laura. Laura tiene dos años más que Lucía. Si Lucía no tiene 18 años, ¿cuántos tiene cada una?
Rematamos coas solución do traballo desta semana. Seguro que o fixéchedes moi ben.
venres, 24 de abril de 2020
SOLUCIÓNS ÁS TAREFAS SEMANAIS
E de novo venres!
Alá foi outra semana de duro traballo.
Todos e todas as profes queremos agradevervos á vosa participación no Día do Libro deste ano. En vez de "Ler na rúa" limos en casa pero... o conto é que o fixemos! Tedes colgado o vídeo na páxina web do cole e no Departamento de Orientación, pero se queredes tamén o podedes ver desde aquí (mirade nas columnas da dereita).
Que tal foi o "control" de onte? Esta vez foi difícil, pero se non saíu ben non vos preocupedes. Máis que nada o que quería probar era o sistema da actividade. De todas formas houbo quen se ergueu cedo con toda a ansia para facelo. Que gusto dá vervos traballar así!
Pois para que vos quede mellor sabor de boca por que non facedes este cuestionario de CC Naturais? Despois do que estudiáchedes e de facer o pasapalabra do martes seguro que vos sae de marabilla.
Por certo, tedes que dicirme qué tipo de actividades son as que máis vos gustan para facer máis desas ou buscar cómo facer outras distintas.
E sigo esperando nomes para "bautizar" á nosa mascota e tamén as vosas respostas para os retos matemáticos. Aquí vos deixo o de hoxe:
07. SERPIENTES MARINAS. Un capitán en el Caribe fue rodeado por un grupo de serpientes marinas, muchas de las cuales eran ciegas. Tres no veían con los ojos a estribor, 3 no veían nada a babor, 3 podían ver a estribor, 3 a babor, 3 podían ver tanto a estribor como a babor, en tanto
que otras 3 tenían ambos ojos arruinados. ¿Cuál es el mínimo número de serpientes necesarias para que con ellas se den todas esas circunstancias?
O luns xa vos digo a solución ás de esta semana e xa actualizo o ránking.
E falando doutra cousa, xa lle botáchedes on ollo á revista O Papagaio do mes de abril?
Para que vos poidades autocorrexir aquí están as SOLUCIÓNS ÁS TAREFAS SEMANAIS
Nada mellor que acabar a semana que cun conto. Neste caso " O Caxoto" cóntanos o que lle aconteceu á avoa, ao seu neto e mailo burro. A ver se vos gusta:

Pois nada, desfrutade da fin de semana e volvemos o luns. Pasádeo ben !
venres, 17 de abril de 2020
SOLUCIÓNS DOS EXERCICIOS SEMANAIS
Xa chegou o venres! Alá vai outra semana!
Hoxe téñovos que contar varias cousas.
Acordadesvos da tira do outro día? Pois xa houbo alguén que se animou a facer a historia. Aquí a tedes:
Os exipcios vivían con Cleopatra e un día unha tormenta de area arrancou a cabeza dunha estatua. Todos os súbditos llo dixeron a Cleopatra e ela mandou aos mellores constructores de Exipto a arreglar a pirámide, pero outro día cando Cleopatra estaba inspeccionando a estatua, outra tormenta de area volveulle a arrancar a cabeza a estatua e caeulle enriba a Cleopatra. Todos choraron pero o que máis chorou foi o seu pai, que quedou días e noites rezando a Tutancamón. (X.B.P.)
En canto aos retos matemáticos de momento non tiven moitas respostas. Mandádemas ao meu correo porfa (marianovo.cutrin@gmail.com) porque así chéganme ao móbil e éme moito máis facil de mirar.
O RETO MATEMÁTICO para o día de hoxe é o seguinte (recordade que o luns poñeremos as solucións e xa teremos os nosos primeiros postos no ránking) :
Outra cousa máis. Sabedes que o 23 de abril é o Día do Libro. Este ano non imos poder facer a actividade de "Ler na rúa" pero no seu lugar podemos levar a cabo esta proposta. Que vos parece? Tedes a actividade publicada no Dpto. de Orientación na páxina web do cole.

Reto 2. Si Ángela habla más bajo que Rosa y Celia habla más alto que
Rosa, ¿habla Ángela más alto o más bajo que Celia?
Outra cousa máis. Sabedes que o 23 de abril é o Día do Libro. Este ano non imos poder facer a actividade de "Ler na rúa" pero no seu lugar podemos levar a cabo esta proposta. Que vos parece? Tedes a actividade publicada no Dpto. de Orientación na páxina web do cole.
E xa por último aquí están as SOLUCIÓNS DOS EXERCICIOS DESTA SEMANA. Que tal vos saíron? Non foron difíciles, a que non?
Para a semana imos facer un pasapalabra de naturais e un controliño de mate o xoves. A ver qué tal saen!
Pasade boa finde e .... volvemos á carga o luns . Disfrutade!
venres, 3 de abril de 2020
XA CHEGOU O VENRES!
Xa chegou o venres e con el o fin da semana laboral.
Déixovos aquí as solucións dos exercicios para que vos poidades autocorrexir (xa sabedes que é moi importante. Picade en cada materia para velas:
Recordade que aínda que non o pareza....COMEZAN AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!.
Durante este días non haberá traballo novo así que aproveitade para descansar, xogar, troulear, retomar algún libro que teñades a medio ler....
Disfrutade moito destes días que o tedes merecido. Estades facendo un esforzo moi grande.
VOLVEMOS O DÍA 14 A TOPE DE ENERXÍA!

- LINGUA GALEGA (como era unha redacción persoal, pois non hai modelo de corrección)
Recordade que aínda que non o pareza....COMEZAN AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!.
Durante este días non haberá traballo novo así que aproveitade para descansar, xogar, troulear, retomar algún libro que teñades a medio ler....
Disfrutade moito destes días que o tedes merecido. Estades facendo un esforzo moi grande.
VOLVEMOS O DÍA 14 A TOPE DE ENERXÍA!
mércores, 1 de abril de 2020
EXPLICACIÓN EXERCICIOS MATE
Déixovos aquí unha pequena explicación dos exercicios de mate. Non están todos feitos. Simplemente é para darvos unha orientación de cómo se farían. Deixo tamén a folla das SOLUCIÓNS. E se queredes practicar para o "exame" de mañán picade neste XERADOR EXERCICIOS CONVERSIÓN DE UNIDADES S.M.D. Cada vez que refresquedes a páxina sairá unha folla con exercicios, e ao premer en clave xa vos saen as solucións.
Probade a ver que tal! Traballade moito!

martes, 31 de marzo de 2020
23 MARZO 2020
Que tal? Como foi a semana? Imos a pola segunda?
Como xa vos dixen, esta semana vaivos tocar autocorrexirvos o traballo que realizáchedes. A que agora tedes curiosidade por saber se fixéchedes ben as tarefas ou non?
É normal. Cando nos esforzamos en facer algo, pois sempre queremos que os demais o saiban e tamén queremos saber se fomos capaces de facelo por nós mesmos.
Agora tócavos unha parte importantísima: a autoavaliación. Neste momento cobra un papel esencial, e tedes que ser moi sinceros/as con vós mesmos/as. Non importa se as cousas saen á primeira, cando teñen que sair é ao final. Se hai fallos non passa nada! O importante é localizalos e correxilos, ou entender por qué fallamos, para que a próxima vez que o intentemos pois xa saia ben. O que verdadeiramente importa é que ao final saibamos as cousas, dá igual se é a primeira, á segunda ou á décima.
Hoxe vou poñer as solucións ás actividades de matemáticas, lingua galega e lingua castelá. Picade en cada unha e o enlace xa vos levará á folla das solucións.
Solucións fichas matemáticas
Solucións exercicios libro lengua castellana
Solucións comprensión lectora lengua castellana Las Ballenas
Solucións exercicios libro lingua galega
Ide correxindo e fixádevos ben na ortografía e en todos os pequenos detalles.
Mañán publicarei os esquemas-guións de naturais e sociais. Así que ídeos rematando!
Tamén vos propoñerei novas actividades para ir facendo, a ver qué tal se vos dan.
Ánimo! Que o estades a facer moi ben! 😊 # euquedonacasa

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)