xoves, 4 de xuño de 2020

XA VAI QUEDANDO MENOS!

Bos días!
Víchedes onte as novas tarefas de Dani?
Estiven falando coa profe Paula e xa non vai mandar máis tarefas obrigatorias, así que revisade ben que teñades todas feitas e enviadas para que vos poida poñer a nota.

Imos ter a avaliación en nada e sabedes que o traballo deste último trimestre tamén se vai ter en conta así que..... a quen foi entregando todo, os meus máis sinceros parabéns porque non é nada fácil traballar nestas condicións. Un aplauso para vós e para as vosas familias.
A quen non entregou as tarefas (sen causa xustificada) pois tamén se lle terá en conta a ausencia de traballo, e non poderá ser valorado positivamente.

Dito isto, xa me poñerei en contacto coas vosas familias para facer a recollida de material, así que tédeo todo ben localizado para cando se den as instrucións non ter que andalo buscando pola casa adiante. Se tedes algún libro da biblio e do Club de Lectura  xa os poñedes todos xuntos.

Xa mando hoxe tamén o contrasinal da videoconferencia de mañá por abalar. Podemos aproveitala para facer o de castellano e correxir, parécevos?
Volvo insistir, se alguén quere probar a conectarse antes avisádeme para mandarvos os datos da reunión.

E queda poñer o reto e máis o conto (que xa o estamos acabando)

Capítulo 10: Eu non miañei pero ....

26. ¿QUIÉN SOY?: Vivo sobre una estrella,pero no me quemo. Convivo con 11 amigos y mis iniciales son PQRS. ¿Quién soy?