xoves, 11 de xuño de 2020

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Bos días!
Que tal estades hoxe?
Por petición popular ... PARA A SEMANA XA NON VOU POÑER DEBERES!  Que xa traballáchedes abondo. O que si poñerei serán os libros de texto e algún cuadernillo deses de fichas que andan por internet por si queredes repasar algo no verán, xa que aínda que non suba máis cousas o blog non vai desaparecer polo momento (así poderémolo usar no curso que vén).



Mañá pola mañá imos ter avaliación así que non vou poder facer a videoconferencia no horario habitual. Parécevos se a facemos ás 16.00 h? Ademais así se hai xente que non se pode conectar pola mañá e pode facelo pola tarde pois moito mellor!
Póñovos esa hora para despois non cortarvos a tarde. Intentaremos correxir os problemas de mate e aclarar dúbidas.
E coma sempre, senon podedes, pois non pasa nada. E se podedes,pois estupendo!
Xa vos paso a información da reunión por Abalar.

E houbo quen puxo a bata branca de científico para facer os experimentos coa electricidade. De aquí a ocuparse da mesa de luz e son dos da orquestra do Combo Dominicano non hai moito camiño. Mirade...mirade...




Pois nada,déixovos disfrutar do resto do día pero acortádevos de que ata que pita o árbitro non remata o partido. Así que ainda que se leve de xeito máis relaxado seguide mirando o blog,vale?