venres, 19 de xuño de 2020

POR FIN CHEGAN AS VACACIÓNS!

Bos días! Última entrada no blog por este curso!

Que gañaría o Concurso de Borrajanchos deste ano? Haberá revista? E cales foron os contos de Mareando Historias?
Pois todo iso xa está publicado na páxina web do cole. De tódolos xeitos póñovolo aquí para que vos sexa máis cómodo de ver:




















Déixovos aquí materiais por se queredes repasar ou consultar algo no verán. Picade na imaxe para acceder aos diferentes materiais.
Para poder ver os libros da editorial Santillana tedes que introducir a licenza e o contrasinal. Son estas:
Licencia: 99999980-18397-0001
Contraseña: 2uCkNMsJ

Acordádevos tamén de que tedes que descansar, xogar,  tomar o aire e o sol, facer algo de deporte, axudar na casa......

https://padlet.com/marianovo_cutrin/iphjlsifte38


Ante todo quería agradecervos o esforzo que fixéchedes esta temporada. Moitos de vós traballáchedes moito máis que se forades ao cole, a que si?
Pero iso é normal! porque non tíñades os entretementos e distraccións que tiñamos na clase.

Acaso tíñades na casa .......?
  •  un  falando e interrumpindo todo o tempo para dicir cómo quedaran os partidos o fin de semana.
  •  outro cantando (o de cantar é un dicir) cancións de Queen e dándolle á mesa co lápis coma se fosen baquetas
  • outro remexendo nos subliñadores, bolis, gomas e de máis enseres escolares
  • outra facendo debuxiños de unicornios ou señores Pataca na libreta
  • outro querendo contar todo o tempo un chiste (e aínda por riba dos malos)
  • outra pasmando hipnotizada mirando como xogaba o dos subliñadores
  • outra pendiente de se a  profe se acercaba para deixar de falar e "facer que traballaba"
  • outro enfadándose moitísimo co mundo cando as cousas non lle saían como el quería
  • outra poñendo un gran esforzo en poñer unha data colorida e artística 
  • outra queixándose sempre das súas enfermidades, dores e maldades varias 
  • outro soñando co chocolate (aínda que ao biscoito con nata para a merenda tampouco lle di que non)
  • outro aproveitando cada segundo libre para retocar a orella ou o pelo da súa escultura
  • outro agazapado e sen facer ruido mirando o que facían os demais
  • e outra berrando coma unha tola e poñendo caras raras 
Estes días na casa  tivemos acceso aos libros, aos exercicios, a internet.... puidemos aprender mil cousas pero perdímonos todo o que se vive nun cole e que é do que realmente nos acordamos cando van pasando os anos.
Así que... en setembro conto con todos vós, para traballar, para distraernos, para pasalo ben e para ter moitas cousas que recordar despois.







Bó verán!





xoves, 18 de xuño de 2020

FALTAN 2 DÍAS PARA AS VACACIÓNS!

Bos días!

Antes de que me olvide, divirvos que se picades na imaxe da dereita de "Mareando Historias" podedes ver os debuxos e contos gañadores deste ano. Contádeme cal foi o que máis vos gustou.

E que tal onte? Que pensades que lle pasou ao "Inapetente David"?
Pois isto foi o que lle pasou ao pobre do home: 

 David decidiu volver á súa casa tal como lle pedía a mensaxe en inglés «COME HOME». Convén fuxir da suposición precipitada de que David é galego. O que lle servían a diario no restaurante: «fish and chips». A súa tristura: amorosa. A súa reacción: «un ansiado regreso reconciliatorio».

E repasamos os xentilicios de España  con este encrucillado en castelán:





E un pouquiño de cálculo e operacións combinadas (tedes que emparellar cada operación co seu resultado. Acordádevos da xerarquía das operacións: parénteses, multiplicacións/divisións e por último sumas/restas)



E por hoxe xa nos chega!

mércores, 17 de xuño de 2020

FALTAN 3 DÍAS PARA AS VACACIÓNS!

Bos días!
Xa queda menos para que poidades descansar pero aínda quedan por dar os últimos coletazos.

Que tal se facedes hoxe facedes estas actividades?
 Para comezar... un pouquiño de Historia. A ver cántas cousas sabedes....

https://view.genial.ly/5c9a937530231d7346a26b76/game-breakout-breakout-etapas-historia-reseteandote



E aquí o enigma do "Inapetente David":

O inapetente David
David entrou no restaurante que visitaba a diario nas últimas semanas. Comida caseira a un prezo moi razoable. A camareira axiña percibiu en David o mesmo aire tristeiro e morriñento dos días anteriores. Leas no traballo? Mal de amores? Problemas de saúde? Quen sabe? Aos poucos minutos, sen mediar palabra, a camareira levou á mesa de David o prato que sempre pedía e que sempre malcomía: un lombo de pescada rebozado con patacas fritas. Como nos días anteriores, o cliente quedou ollando con desgana o xantar. Deixaríao intacto? No móbil de David soou entón o aviso dunha mensaxe de texto. Colleuno coa mesma inapetencia coa que ollaba para o peixe e leu. «COME HOME!», dicía a mensaxe. David deixou o prato como estaba, levantouse da mesa e marchou cun medio sorriso na cara.
Por que?
 


Pois iso. A pensar un pouquiño !