martes, 31 de marzo de 2020

QUE NOS DI O TEXTO?

Bo día!
Como ides? Visitando a páxina de aulasgalegas.org vin unha proposta que me pareceu moi interesante.Trátase dunha actividade de comprensión lectora pero que tedes que transformar nun debuxo. Dánvos un texto descritivo e logo tedes que debuxar o que vos din. (Picade na imaxe)
Animádesvos a facelo?
Mandádeme os vosos debuxos a marianovo.cutrin@gmail.com para poder publicalos neste blog e darlle un pouquiño de cor. Agardo impaciente! 😊

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/03/Que-nos-dis-o-texto.pdf

ESTAMOS AQUÍ NOVAMENTE

Que tal cativada? Como ides? Como foi o fin de semana?
Supoño que descansaríades e que vos enchestes de enerxía para afrontar unha semana máis.
Vamos a por ela!
Propóñovos unha serie de tarefas para que, ao voso ritmo, e según a dispoñibilidade que teñades, as vaiades facendo (organizádevos e non deixedes todo para o último día).
Nesta semana:
  • Comezaremos tema de matemáticas (o sistema métrico decimal), así que repasade cómo se multiplicaba e cómo se dividía pola unidade seguida de ceros porque vai ser fundamental. Podedes ver os vídeos que se recomendan el logo ir facendo os exerxicios do libro. Ahhh e o xoves faremos "exame". Vai consistir soamente en pasar dunhas unidades a outras así que será faciliño.
  • Tamén ides ter que contestar a unhas preguntas de sociais e de naturais. Do tema de soci vai haber que saberse as Comunidades Autónomas e as súas provincias (vou poñer un cuestionario para facer)  e tamén os países fundadores e os que forman actualmente a Unión Europea . Unha mamá propuxo unha páxina onde podedes practicar con mapas interactivos. Apréndese un montón e de paso vos divertides.
  • De castelán e galego haberá exercicios do libro e unha redacción en galego que se vai titular "Eu non pensaba que despois de dúas semanas......." .
 A ver qué tal vos saen. O venres publicarei as correccións pero se mentras tanto tedes algunha dúbida, pois xa sabedes, preguntade o que necesitedes.Veña, que o estades facendo moi ben!
                                                                                                                                                                 https://drive.google.com/open?id=1C_m1gwQb5YHiTCC7-Q8LuJoOF2aTdMNn

NOVIDADES NO BLOG

Ola a todos e a todas!
Está visto que a necesidade obriga e que hai que adaptarse ás novas situacións. Quen me ía dicir a min hai quince días que ía xestionar un blog sen ter nin idea? Pois vedes? A todo se chega!
O único que hai que facer é intentalo, adicarlle un pouco de tempo e esforzo e...tachán! Mellor ou peor pero...acaba saíndo.
Pois o que vos quería dicir (que seguro que xa houbo alguén que se deu conta) é que se mirades hacia as columnas da dereita, onde pon ENLACES A PÁXINAS DE INTERESE engadín o PADLET DE TRABALLO 5ºB que está publicado na web do cole.   Aí están tamén as actividades que imos poñendo organizadas por materias (as entradas máis recentes arriba e según baixamos, as máis antigas) e enlaces ao blog de Inglés, ao de Educación Física e ás actividades de Educación Artística.
Tedes tamén un apartado cos libros de texto da Editorial Santillana (inclúense todos os trimestres) e outro con recursos e materiais que vos poden interesar (libros de texto que permiten facer exercicios on line, enlaces a páxinas de interese...)
A miña idea é ir enriquecendo este blog así que explorade o que hai e se tedes algunha suxerencia ou detectades algún erro pois agradeceríavos que mo comentásedes para, entre todos/as ir mellorando este espazo.
E veña, propóñovos un reto, sabedes que dixo esta frase?

"No es el más fuerte de las especies el que sobrevive, tampoco es el más inteligente el que sobrevive. Es aquel que es más adaptable al cambio".


Mandade as vosas respostas ao meu correo electrónico e entre todos os participantes que acerten, sortearemos 1 punto extra para o próximo cuestionario 😊

REMATAMOS SEMANA

Bos días, rematamos semana e hai que ir rematando o traballo tamén.
Moitos de vós xa estades ao día pero aínda hai xente que ten que entregar tarefas así que...non vos durmades!
O luns xa poñeremos novas actividades para que fagades a próxima semana, pero mentras tanto podedes ir lendo (ou estudando) sociais e naturais porque ides ter que contestar a algunhas preguntas.
E xa vos adianto de paso que imos comezar un tema novo de mate, pero xa veredes que vai ser moi faciliño.
Para que non vos aburrades déixovos aquí dous novos cuestionarios: un de mate e outro de soci.
A ver qué tal vos saen! (Picade neles para poder facelos)

https://forms.gle/3tE51TLxEFBbWRg99              https://forms.gle/JafiXP6KZ3SPrknh8


Descansade esta fin de semana e o luns volvemos todos e todas coas pilas cargadas.

                                                           Ánimo!

DETECTADO ERRO NO CUESTIONARIO

Ola!
Antes de nada felicitar aos madrugadores/as  como  Beiro, Xabi Domínguez, Xian, Alexandra e Martiño que xa responderon ao cuestionario. Que vos pareceu? Foi fácil?
Tamén teño que dicirvos que hai un ERRO.

Nesta pregunta a resposta CORRECTA sería ACUÁTICO e márcaa como incorrecta. Pero bueno, non pasa nada. O conto era saber se funcionaba ou non porque é a primeira vez que fago estas cousas e, polo visto funciona.



Podédelo facer tantas veces como queirades ou retar as vosos pai, irmáns a ver quén consigue máis puntos. Animádevos!