martes, 31 de marzo de 2020

NOVIDADES NO BLOG

Ola a todos e a todas!
Está visto que a necesidade obriga e que hai que adaptarse ás novas situacións. Quen me ía dicir a min hai quince días que ía xestionar un blog sen ter nin idea? Pois vedes? A todo se chega!
O único que hai que facer é intentalo, adicarlle un pouco de tempo e esforzo e...tachán! Mellor ou peor pero...acaba saíndo.
Pois o que vos quería dicir (que seguro que xa houbo alguén que se deu conta) é que se mirades hacia as columnas da dereita, onde pon ENLACES A PÁXINAS DE INTERESE engadín o PADLET DE TRABALLO 5ºB que está publicado na web do cole.   Aí están tamén as actividades que imos poñendo organizadas por materias (as entradas máis recentes arriba e según baixamos, as máis antigas) e enlaces ao blog de Inglés, ao de Educación Física e ás actividades de Educación Artística.
Tedes tamén un apartado cos libros de texto da Editorial Santillana (inclúense todos os trimestres) e outro con recursos e materiais que vos poden interesar (libros de texto que permiten facer exercicios on line, enlaces a páxinas de interese...)
A miña idea é ir enriquecendo este blog así que explorade o que hai e se tedes algunha suxerencia ou detectades algún erro pois agradeceríavos que mo comentásedes para, entre todos/as ir mellorando este espazo.
E veña, propóñovos un reto, sabedes que dixo esta frase?

"No es el más fuerte de las especies el que sobrevive, tampoco es el más inteligente el que sobrevive. Es aquel que es más adaptable al cambio".


Mandade as vosas respostas ao meu correo electrónico e entre todos os participantes que acerten, sortearemos 1 punto extra para o próximo cuestionario 😊