martes, 31 de marzo de 2020

23 MARZO 2020

Que tal? Como foi a semana? Imos a pola segunda?

Como xa vos dixen, esta semana vaivos tocar autocorrexirvos o traballo que realizáchedes. A que agora tedes curiosidade por saber se fixéchedes ben as tarefas ou non?
É normal. Cando nos esforzamos en facer algo, pois sempre queremos que os demais o saiban e tamén queremos saber se fomos capaces de facelo por nós mesmos.

Agora tócavos unha parte importantísima: a autoavaliación. Neste momento cobra un papel esencial, e tedes que ser moi sinceros/as con vós mesmos/as. Non importa se as cousas saen á primeira, cando teñen que sair é ao final. Se hai fallos non passa nada! O importante é localizalos e correxilos, ou entender por qué fallamos, para que a próxima vez que o intentemos pois xa saia ben. O que verdadeiramente importa é que ao final saibamos as cousas, dá igual se é a primeira, á segunda ou á décima.

Hoxe vou poñer as solucións ás actividades de matemáticas, lingua galega e lingua castelá. Picade en cada unha e o enlace xa vos levará á folla das solucións.

Solucións fichas matemáticas

Solucións exercicios libro lengua castellana 

Solucións comprensión lectora lengua castellana Las Ballenas 

Solucións exercicios libro lingua galega


Ide correxindo e fixádevos ben na ortografía e en todos os pequenos detalles.


Mañán publicarei os esquemas-guións de naturais e sociais. Así que ídeos rematando!
Tamén vos propoñerei novas actividades para ir facendo, a ver qué tal se vos dan.

Ánimo! Que o estades a facer moi ben! 😊    # euquedonacasa