luns, 15 de xuño de 2020

FALTAN 5 DÍAS PARA AS VACACIÓNS!

Bos días!
Comezamos a última semana e imos parando motores.

Pensáchedes valgunha vez por qué ao frotar un globo éste é capaz de atraer diferentes partículas coma sal, azucre ou anaquiños de papel? Isto é debido á electricidade estática que posúen os corpos, que ao alteralos (a través do roce e da frotación) fan que os electróns que estaban en repouso comecen a moverse orixinando así unha corrente eléctrica. Isto foi o que comprobou de primeira man o noso compañeiro. Mirade, mirade!





E non sei se o víchedes pero dende a Biblioteca propóñennos lecturas para toda a familia que se recollen nesta guía (está colgada na páxina web do cole pero tamén podedes acceder a ela picando na imaxe). Hai libros moi interesantes tanto para nenos coma para adultos. Eu lin varios e gustáronme moito (O último que lin foi "O último barco")



E como non vos podía deixar sen traballo para esta semana.....hoxe propóñovos que leades O Papagaio do mes de xuño e me mandedes un texto ben razoado de Por que o surf é un dos deportes máis seguros deste verán?

Espérovos mañá!