venres, 12 de xuño de 2020

SAN VENRES!

Por fin chegou o venres!
Final de semana, de traballo, de curso.....de todo!

Déixovos aquí os exercicios feitos desta semana para que poidades comparar. Pola tarde na videoconferencia xa os comentamos e preguntades todas as dúbidas que teñades, vale?

Este é o enlace:
 https://drive.google.com/file/d/1XFb7ZJUQnHMUnc2xCG6EPzHDvRCqmeXr/view?usp=sharing


Pois o traballo deste curso está rematado. De todas formas e como xa vos dixen, para a semana irei poñendo algún material por se queredes traballar nas vacacións e os libros de 5º para que poidades telos a man.

De todas formas mirade o blog porque sempre poden xurdir novidades.

Déixovos que temos avaliación ( a ver qué notas sacades). E falando diso...vouvos propoñer que nos poñades notas aos profes (xa estou mandando deberes outra vez, non teño remedio!). Pero podédelo facer para a próxima semana. Pero non vale poñer sólo a nota, hai que xustificar o por qué e tedes que poñer os criterios nos que vos baseades.
Se queredes podedes facer unha táboa para poder comparar.....bueno, vós facédeo ao voso xeito.
E xa postos a pedir...gustaríame que me dixérades o que cambiaríades deste curso e o que conservaríades para que o próximo curso se teña en conta.



Xa non vos lío máis polo de agora que teño que marchar. Pola tarde falamos.

Ata despois!