martes, 14 de abril de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola! Como vai iso? Que tal vos sentaron as vacacións?
Espero que o pasarades ben porque pasaron rapidísimo, a que si?

Pois despois destes días xa toca poñerse a traballar. Imos comezar unha nova etapa que partir de agora terá carácter avaliable, o cal quere dicir que eu vou ter que cualificar as vosas tarefas e polo tanto necesito ter constancia e rexistro do moito que traballades para podervos poñer despóis unha nota . Así que tedes que facerme chegar as actividades e traballos que se vaian propoñendo (preferiblemente á miña conta de correo electrónico).
Ahh! una cousa IMPORTANTE: cando me mandedes as fotos das actividades, podedes baixarlle a resolución da cámara (pesan moito e tardo moito en abrilas) ou usar una app desas que escanean. Ao usar pantallas pequenas ímolas ver ben igual e deste xeito "economizamos" datos, espazo de almacenamento e tempo de carga e descarga. Probade!
Aparte deste traballo semanal, tamén se irán publicando no blog cuestionarios, pasapalabras, e outras actividades on line que vos axudarán a entender e asimilar os contidos de xeito un pouco máis lúdico ou que nos permitirán "facer exámenes", polo tanto revisádeo diariamente por si hai novidades.

Déixovos aquí a proposta de traballo para a semana a ver qué vos parece. Distribuídea como mellor se vos adapte. Recoméndovos ir dedicando cada día a unha materia diferente e os XOVES serán o día límite de entrega (é dicir tedes que ter todo listo e entregado os xoves de cada semana) así o venres dedicádesvos a correxir e a revisar o feito durante a semana.

Pois nada , aquí tedes as actividades para esta semana , calquera dúbida que teñades non dubidedes en consultar. 

Agora é o momento non de demostrar o que sabedes senón de todo o que sodes capaces de facer.