martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, como estades?
Que tal? Estades medindo e pesando todo para a receita? A que non sabiades que había tanta matemática e tanta ciencia nunha cociña?
E que? Xa observáchedes algún cambio de estado? Que lle pasa ao leite cando lle botades eses polviños de cacao polas mañáns? Se botades cacao puro pasa o mesmo? Probáchedes a botarlle canela?
Por que nas pastelerías usan  bicarbonato e zume de limón en moitas elaboracións? Que pasa cando os mesturas?
Por que para que cozan antes as patacas as cortamos en anacos e non as deixamos enteiras?  E por que ao bater sae espuma?
Que pasa  cando están as tixolas para fregar cun pouco de auga e botamos unha pinga de lavavaixelas no medio? 
Pois todas estas cousas que acontecen ou vos preguntades por qué ocorren é o que tedes que apuntar. Non temos que saber por qué ocorren (xa lle daremos a súa explicación, porque a teñen, ao seu debido tempo) pero si temos que anotar todo o que observamos e nos chama a atención (así empezaron os científicos e os inventores!). Seguide facéndovos esas preguntas e non vos preocupedes que as respostas han de chegar.

Que tal ides con soci? Hoxe podedes empezar con estas dúas actividades:
  • Cuestionario 
  • Actividade Educaplay. Relacionamos cada enunciado co seu reino correspondente. Nesta actividade van aparecer na parte de  arriba os diferentes reinos:  xermánicos,  árabe e  cristián e tedes que marcar todos os enunciados que estean relacionados con cada un. Recordade que non fai falta rexistrarse e cando acabedes de facela xa saen as solucións. Se vos é máis cómoda podédela poñer en modo de pantalla completa
     
E para acabar...o reto matemático de hoxe. Que por certo, esperaba moita máis participación. Que saibades que estou un pouquechiño decepcionada 😢  Resúltanvos moi difíciles? Ou é que non vos parades a pensar o suficiente? A ver que tal sae este:
09: EL PASTOR .Un pastor tiene que pasar un lobo, una cabra y una lechuga a la otra orilla de un río, dispone de una barca en la que solo caben el y una de las otras tres cosas. Si el lobo se queda solo con la cabra se la come, si la cabra se queda sola con la lechuga se la come, ¿cómo debe hacerlo?