xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bos días!
Como sabedes hoxe celebramos o Día do Libro. Xa mandachedes a vosa foto ao correo electrónico de orientación? Se xa o fixéchedes pois perfecto e se non, bulide que aínda estades a tempo de mandala!
Se vos apetece podedes facer esta WEBQUEST sobre o Día do  Libro pois para coñecer un pouco máis de por qué o celebramos, de ónde ben esta tradición..., Está pensada para nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e de seguro que ides atopar algunha cousa que non sabíades. Premede aquí e xa vos vai guiando nos pasos que debedes dar.
E por certo, que libro estades lendo actualmente? Propóñovos un concurso a ver qué vos parece: mandádesme un correo co libro que estedes lendo actualmente e logo o resto ten que adiviñar qué está lendo cada quen. Sinxelo, a que si? pois nada, no que queda de semana decídeme (por correo ou Whatsapp) qué libro estades lendo e para a próxima organizámolo e facémolo.

E como calquera xoves que se precie...que toca hoxe? Pois si, acertáchedes: CONTROL DE MATE.
Estes días xa vedes que estou moi remexona e ando a experimentar con diferentes soportes para presentarvos os traballos (cuestionarios, "pasabalabra"...). O último descubrimento (por certo, que foi grazas á profe Paz) foi o de facer fichas interactivas. Que quere dicir isto? Pois (neste caso) que podemos escribir as nosas respostas directamente no cadriño que hai ao lado das preguntas. De tódolos xeitos facédeo primeiro na libreta e logo no exame escribides as respostas. Nos problemas simplemente poñedes a operación indicada cos resultados (non facedes as cuentas no exame) . Logo cando a rematedes lle dades a "¡Terminado!". Vaivos aparecer unha mensaxe como esta.
Pois ben, logo o que tedes que facer é darlle a "corregir mis respuestas" para ver os acertos que tivéchedes (non estou moi segura de cómo vai funcionar esta parte ) e tamén, e máis importante "enviar mis respuestas a mi profesora" (ao correo marianovo.cutrin@gmail.com) para poder velos eu. Non vos preocupedes pola nota. O que me interesa é que o fagades para ver se a actividade funciona ou non, e que lle deades un pouquiño a esa cabeza, non se vos vaia a oxidar. Mañán de paso que poñemos as solución das tarefas do libro tamén poño a do exame para que poidades ver cómo se facían os exercicios. 
Pois nada, que seguro que estades desexando ver cómo é  o CONTROL DE MATEMÁTICAS.

 E quédame por propoñervos o reto de hoxe. Lédeo ben pero vai ser faciliño:
06. LOS CUATRO PERROS.  Tenemos cuatro perros: un galgo, un dogo, un alano y un podenco. Éste último come más que el galgo; el alano come más que el galgo y menos que el dogo, pero éste come más que el podenco. ¿Cuál de los cuatro será más barato de mantener?.